Consentes
Consentes
[MIT]
Divindades (seis deuses e seis deusas) que constituían o consello privado de Xúpiter na tradición etrusca. Os romanos aplicaron esta crenza aos doce grandes deuses do panteón helénico: Xúpiter, Neptuno, Marte, Apolo, Vulcano, Mercurio, Xuno, Minerva, Diana, Venus, Vesta, Ceres, correspondentes a Zeus, Posidón, Ares, Apolo, Hefesto, Hermes, Hera, Atenea, Ártemis, Afrodita, Hestia e Deméter.