asenso
asenso
(< lat assensu ‘asentir’)
-
s
m
Acción e efecto de asentir.
Ex: O asenso do meu pai permitiume vir ó cine. Fixo un lixeiro asenso e decateime de que aceptaba a miña proposta.
Sinónimos: aceptación, asentimento, conformidade, consentimento. -
s
m
Palabras coas que se asente.
Ex: O seu asenso significa poder seguir coas obras.
Sinónimos: asentimento. -
s
m
Permiso para que alguén realice ou diga algunha cousa.
Ex: Antes de saír da casa pídelle asenso á túa nai para volveres tan tarde.
Sinónimos: asentimento.
Frases feitas
-
Dar asenso. Dar creto.