asenso

asenso

(< lat assensu ‘asentir’)

  1. s m

    Acción e efecto de asentir.

    Ex: O asenso do meu pai permitiume vir ó cine. Fixo un lixeiro asenso e decateime de que aceptaba a miña proposta.

    Sinónimos: aceptación, asentimento, conformidade, consentimento.
  2. s m

    Palabras coas que se asente.

    Ex: O seu asenso significa poder seguir coas obras.

    Sinónimos: asentimento.
  3. s m

    Permiso para que alguén realice ou diga algunha cousa.

    Ex: Antes de saír da casa pídelle asenso á túa nai para volveres tan tarde.

    Sinónimos: asentimento.

Frases feitas

  • Dar asenso. Dar creto.