aceptación
(< lat acceptatiōne)
-
s
f
Acción e efecto de aceptar.
Ex: Non se chegou a unha total aceptación das normas por parte dos socios do club.
Sinónimos: aprobación. Antónimos: desaprobación, rexeitamento. -
s
f
[DER]
Manifestación da vontade pola cal se asumen certas obrigas. Normalmente debe ser manifestada mediante un acto que exteriorice o consentimento, pero ás veces a lei presume a aceptación se durante un certo límite non se fixo manifestación expresa en contra, ou ben se se realizan actos que a impliquen.
-
aceptación de doazón
[DER]
Acto polo cal o receptor consente na doazón. Este acto, que debe ser realizado en vida do doador, é preciso para levar a cabo a doazón, xa que mentres non sexa aceptada non se considera xuridicamente realizada nin produce efectos, mesmo podendo ser revogada polo doador.
-
aceptación de herdanza
[DER]
Acto polo cal o herdeiro manifesta a vontade de facer súa a herdanza. É preciso que o herdeiro adquira esta condición para poder entrar en posesión da herdanza. Pode realizarse de maneira expresa, por manifestación en documento público ou privado, ou tácita, pola realización de actos que supoñan a vontade de aceptar ou que só se poidan executar sendo herdeiro, tales como ceder ou vender os dereitos hereditarios, continuar unha acción xudicial iniciada polo testador, etc.
-
aceptación de legado
[DER]
Feito no que o legatario acepta unha manda ou legado.
-
aceptación de letra de cambio
[DER/ECON]
Operación realizada para asumir a obriga de pagar unha letra de cambio ao chegar o seu vencemento.
-
aceptación de poder
[DER]
Acción na que o mandatario acepta o poder que ao seu favor outorgou o mandante. En especial aplícase á aceptación dos procuradores dos tribunais do poder que os litigantes outorgan ao seu favor.