disentería

disentería

(

s f [PAT]

Enfermidade infecciosa, moi frecuente nos trópicos, que se caracteriza por unha inflamación intestinal importante, especialmente do colon, dor, tenesmo, diarrea e deposicións de moco e sangue. Prodúcese por diversos axentes, como bacilos ou amebas. A disentería bacilar , provocada polas bacterias do xénero Shigella, é exclusiva de terras cálidas e a miúdo aparece en forma de epidemias. O seu contaxio pode ser directo, a través dos excrementos, pola inxestión de alimentos crus ou pola infección causada por moscas portadoras. Os bacilos morren nos intestinos, pero as endotoxinas liberadas producen os mesmos trastornos que os bacilos. O cadro clínico comeza de súpeto e o número de evacuacións pode superar mesmo a vintena. A disentería amébica é unha malaria tropical producida pola Entamoeba histolytica, e a diferenza da bacilar, é crónica, con recaídas repetidas que son cada vez máis intensas.

Palabras veciñas

diseminar | disemínulo | disensión | disentería | disentérico -ca | disentimento | disentir