"ibn" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
PERSOEIRO
Imán de Tāhert. De orixe persa, foi Gobernador de Qayrawān durante a ocupación dos bérberes (758). Expulsado polo exército califal, no 761 fundou a cidade de Tāhert, dende a que consolidou un reino independente de Bagdad.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-Andalus no 721 e do 730 ao 732. Efectuou unha expedición a Aquitania para reprimir a rebelión do bérber Munusa e tomar Bordeos. Derrotado e executado por Carlos Martell.
-
PERSOEIRO
Rei de València (1021 ou 1026-1061). Fillo de Sançol e neto de Almanzor. Algúns xefes amiritas de València proclamárono Rei en Xátiva; outros non o aceptaron e foi desterrado de València. No ano 1038, aproveitando a morte do liberto Zuhayr, Rei de Almería e de Murcia, alegou dereitos sobre os seus bens, debido a que fora o seu escravo, e apoderouse do reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro Valí (gobernador) de Al-Andalus, fillo de Mūsà ibn Nusayr. Conquistou unha boa parte do sur peninsular. Asinou unha capitulación amistosa co Rei godo Teodomiro. Estableceuse definitivamente en Sevilla, onde morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Granada, da familia zírida. Sucedeu ao seu avó Badis no ano 1073. Foi deposto por Yūf ibn Tašin. Como monarca, interesáronlle máis as letras que a política.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Califa de Sudán dende 1885, sucesor do Mahdī Mu ḥ ammad A ḥ mad ibn ‘Abd Allāh. Foi vencido polos británicos e os sudaneses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador de Granada (? 1145) e de València. Foi nomeado polo seu pai Mu ḥ ammad ibn Gānīya herdeiro do Goberno de Mallorca. Morreu asasinado polo seu irmán Is ḥ aq ibn Gānīya.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador de Ifrīqiya, fillo de Mūsà ibn Nu ṣ ayr. No ano 707, sen ter o cargo, capitaneou o primeiro ataque musulmán ás Illes Balears. Foi destituído e asasinado por orde do Califa Sulaymān.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Caudillo militar árabe, comandante no N de África e Gobernador de Exipto. No ano 647 derrotou e executou o exarca de Cartago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fundador da seita dos almorábides. Someteu as tribos do Sáhara Occidental e apoderouse do Magreb. Á súa morte, sucedeuno Yūsuf ibn Tašfīn.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abdullah bin Abdul Kadir Munshi.
-
PERSOEIRO
Lugartenente de Sayf al-Dawla, Rei de diversas Taifas de al-Andalus, e de al-Šarqiyya. Á morte do seu xefe declárase independente en València no ano 1146.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cuarto Califa do Islam; sucesor de Utmān ibn Affān (656-661). Curmán de Mahoma e casado coa súa filla Fátima. Ao pretender o Califato enfrontouse con ‘Ā’iša (muller favorita de Mahoma) á que venceu na Batalla do Camelo (565), consolidando a súa autoridade no Iraq. Despois da Batalla de Siffin (657), ‘Alī aceptou unha arbitraxe para chegar a unha solución pacífica. O seu exército escindiuse; os seus contrarios tomaron o nome de kharixitas. Alī loitou contra Mu’awiyya sen poder vencelo. Foi asasinado por un kharixita (661). Os seus descendentes reciben o nome de alidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Califa de Córdoba (1016-1018), coñecido tamén co nome de Al-Nās. De familia non omeia, ‘Alī era señor de Ceuta e de Tánxer. O partido eslavo de Córdoba atraeuno co fin de destronar o Califa bérber Sulaymān e de restaurar a Hišām II. Tomou Málaga e entrou na capital en 1016. Proclamouse Califa e instaurou un réxime tolerante. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Dénia (1044-1076). Sucedeu ao seu pai Mu ǧ āhid ibn ‘Abd Allāh no goberno independente daquel territorio. Asinou un convenio (1058) co Bispo de Barcelona e comprometeuse a protexer os súbditos cristiáns de Dénia e das Balears a cambio do recoñecemento da súa soberanía. Casou cunha princesa de Zaragoza, pero o seu matrimonio non foi obstáculo para que A ḥ mad I al-Muqtadir, Rei de Zaragoza, fixera prisioneiro a ‘Ali e se apoderara do seu reino. ‘Abd Allāh al-Murta ḋ ā, Gobernador das Balears, acolleu a familia do Rei destronado e declarouse independente.
-
PERSOEIRO
Médico exipcio. Debido a unha intensa polémica que sostivo co seu colega Abū-I- Ḥ asan al-Mu ẖ tār ibn Butlān foi posible estudar o estado da medicina do seu tempo. Foi coñecido en Occidente polo nome de Haly Rodoam.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Último soberano do Reino independente de al Ḥ i ḡ āz (1924-1925). Sucedeu ao seu pai Ḥ usayn ibn ‘Alī cando abdicou. Durante o reinado do seu pai foi Emir de Medina, dirixindo as forzas árabes contra Turquía na Primeira Guerra Mundial. ‘Abd al-’Azīz III ibn Sa’ūd obrigouno a abdicar e trasladouse a Bagdad, onde reinaba o seu irmán Fay ṣ al.
VER O DETALLE DO TERMO