‘Alī ibn Abī Tālib

‘Alī ibn Abī Tālib

Cuarto Califa do Islam; sucesor de Utmān ibn Affān (656-661). Curmán de Mahoma e casado coa súa filla Fátima. Ao pretender o Califato enfrontouse con ‘Ā’iša (muller favorita de Mahoma) á que venceu na Batalla do Camelo (565), consolidando a súa autoridade no Iraq. Despois da Batalla de Siffin (657), ‘Alī aceptou unha arbitraxe para chegar a unha solución pacífica. O seu exército escindiuse; os seus contrarios tomaron o nome de kharixitas. Alī loitou contra Mu’awiyya sen poder vencelo. Foi asasinado por un kharixita (661). Os seus descendentes reciben o nome de alidas.