"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘xeso’.
-
SERRAS
Aliñación montañosa do Baixo Miño que serve de límite entre os concellos de Oia e Tomiño. Ten unha dirección N-S e correspóndese cun batolito granítico nun contexto de xistos e paragneises. A súa máxima altitude é o alto da Pedrada de 519 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera dos mamíferos xenartros da familia dos dasipódidos; todos se caracterizan por ter o dorso, a cabeza, o rabo e a cara externa das extremidades recubertos por escamas ou escudos epidérmico-óseos, que forman unha especie de armadura; algúns presentan tamén pilosidades no resto do corpo. Igual ca os ourizos, teñen a capacidade de enrolarse formando unha bóla, como medida defensiva. Aliméntanse principalmente de insectos. Propios de América, especialmente das pampas de América do Sur, son coñecidos tamén co nome de tatús.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Jaén, Andalucía, na Sierra, drenado polo Guadalén (1.900 h [1996]). Cultivo de cereais e oliveira. Ten gandería lanar e porcina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa ou entidade que é moi rica, que posúe moitos millóns de euros, dólares, etc, segundo a unidade monetaria de cada país.
-
PERSOEIRO
Poeta e crego italiano. O bispo de Florencia desposuíuno da súa parroquia, o que lle inspirou un poema elexíaco en lingua latina, De diversitate fortunae et philosophiae consolatione (1193), no que retoma o tema da obra de Boecio con notable espontaneidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Macho cabrío en celo.
-
-
Articulación dos ósos da perna cos do pé, dos da man cos do brazo ou cos dos dedos entre si.
-
Cada unha das pezas articuladas que compoñen os apéndices dos artrópodos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional creada en Vigo en 1978 e que na súa primeira etapa se denominou Teatro Popular Galego. Iniciaron a súa traxectoria con dous espectáculos, Tarará Chis Púm (1978), creación colectiva e unha das primeiras propostas de teatro infantil feita en Galicia, e Pic-Nic (1979) a partir do texto homónimo de Fernando Arrabal. A estas representacións seguiron As nubes (1980), adaptación da obra de Aristófanes; A cantante calva (1981), sobre un texto de Eugène Ionesco e dirección de Manuel Pombal; e Mandatruco!! (1982), nova creación colectiva dirixida ao público infantil. En 1983 estrearon Celtas sen filtro, a partir de textos propios e de Xosé Luís Méndez Ferrín, con dirección de Eduardo Alonso. A partir dese momento, no que Santiago Montenegro ocupou o cargo de director de escena, Artello desenvolveu unha liña de traballo baseada na lectura lúdica e irónica da realidade galega, producindo espectáculos como Gulliver F.M....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo procedente dunha das zonas de maior tradición queixeira e amparado pola Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa (recoñecida por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 20 de outono de 1995/DOG 07-11-95). Está feito con leite de vaca, de pasta branda e codia lavada cunha maduración mínima de seis días. A zona de produción abrangue as comarcas de Arzúa, Melide, Ulloa e varios concellos limítrofes. No mercado hai tres variedades distintas: Arzúa-Ulloa, Arzúa-Ulloa de Granxa e Arzua-Ulloa Curado, con diferentes matices de sabor, proporcionados polas súas variantes na maduración ou procedencia do leite (sempre de gando vacún de razas rubia galega, parda, alpina e frisona). O queixo elabórase con leite enteiro pasteurizado e presoiro animal, presentando unha forma lenticular, cun contido de materia graxa mínimo do 45% e un peso entre 0,5 e 3,5 kg. A pasta é branda e cremosa, a codia fina, amarela e sen mofos, e o sabor lácteo suave. Pode empregarse, pola súa facilidade para...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consello de Europa.
-
-
Corda ou fita que serve para atar algunha cousa.
-
Atadeira feita con palla ou herba coa que se apertan os feixes na seitura.
-
Conxunto de cousas atadas ao chou e de calquera xeito.
-
Vimbios secos que se cortan para queimar.
-
-
-
Camiño máis curto entre un lugar de partida e outro de chegada.
-
Método para adiantar ou para facer máis breve algunha cousa.
-
Obstrución provisional introducida nun curso de auga cando se quere construír algunha obra, como un dique ou unha presa. O atallo pode ser empregado para obstruír totalmente a corrente, dispoñendo nese caso dunha canle ou galería para a derivación da auga e outro atallo abaixo para impedirlle o retroceso, ou para construír recintos onde poder traballar ao abeiro da corrente ou en seco, e neste caso non se elimina a auga con bombas de extracción.
-
Elemento de obturación provisional empregado nos fondos hidráulicos co fin de impedir o paso da auga por un conduto no que se instala unha máquina, unha comporta ou unha válvula que se quere revisar ou reparar. O atallo é xeralmente metálico e consta dunha parte móbil, chamada taboleiro, e dunhas guías fixas ancoradas nas paredes do conduto, contra as que a forza da auga presiona o taboleiro cando o atallo é pechado e que serven para guialo cando se fai a manobra.
-
Combinación de teclas que permite realizar unha operación dun programa evitando ter que abrir menús ou realizar operacións complicadas co rato ou con outro dispositivo semellante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corda que se emprega para atar feixes de cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obstáculo que atranca o acceso a un lugar, particularmente aquel que se coloca na entrada dun terreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
avellar.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Ademais de estudo fotográfico na Coruña tiña unha fábrica de cervexas e unha sombrereiría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aliñamento montañoso que separa as provincias de Guadalajara e Soria, prolongación oriental da serra de Guadarrama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fala moito e sen tino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fala moito e sen tino.