"rami" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 158.
-
PERSOEIRO
Cosmógrafo e navegante. En 1618, xunto cos irmáns Nodal, explorou o estreito de Magallanes e o cabo de Hornos do que determinou a latitude. Co seu nome, Diego Ramírez, desígnanse un grupo de illas ao S de Tierra del Fuego, descubertas durante a expedición. Escribiu Reconocimiento de los estrechos de Magallanes y de San Vicente y algunas cosas curiosas de navegación (1621).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e administrador. Inquisidor en Sevilla e oidor en Granada, en 1524 foi nomeado bispo de Santo Domingo e presidente da audiencia de Nueva España en 1527. Regresou a España e foi bispo de Tui (1538-1540), León (1539-1542) e Cuenca (1542-1547) e presidente da Chacelaría de Valladolid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e historiador, primeiro marqués de Villaurrutia. Foi ministro plenipotenciario e en 1898 interveu no Tratado de París. Foi embaixador en Austria entre 1902 e 1905 e ministro de Estado en 1905. Escribiu diversas obras de historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tui (1771-1774). Pertenceu á orde franciscana, da que foi provincial e doutorouse na Universidad de Sevilla. Foi bispo auxiliar de Cartagena (1761), bispo titular de Tunes (1761), bispo de Chiapa (Guatemala, 1769) e arcebispo de Santa Fe (Bogotá, 1769), sé a que renunciou para ser prelado de Tui, conservando o título de arcebispo-bispo. Foi un dos creadores da biblioteca episcopal. Publicou Defensa de la Doctrina de Santo Tomás (1773).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor cinematográfico. Coñecido como Ignacio Quirós, formouse na compañía do Instituto de Arte Moderno de Bos Aires. Contratado pola produtora Argentina Sono Filmes (1956), da súa filmografía destaca Cinco gallinas y el cielo (1957), pola que recibiu un premio en Donostia; En la ardiente oscuridad (1959, Premio no Festival de Cine de Moscova), El despertar del sexo (1963), Bajo el signo de la patria (1970); Seis pasajes al infierno (1975), Atracción peculiar (1987) e Siempre es difícil volver a casa (1992). A partir da década de 1980, centrouse no mundo da televisión, onde protagonizou numerosas series, como Venganza de mujer (1986) e Como pan caliente (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do xermánico visigótico Ranemirus, Ranmirus e Ranimirus, formas testemuñadas en documentos hispanos desde o s X, data a partir da que comezou a aparecer a forma abreviada Ramirus. Trátase dun composto formado polas formas góticas mereis ‘famoso, célebre’ e polo *ran, do antigo islandés rani ‘disposición do exército en forma de cuña’ ou ben de rân ‘rapina’; no primeiro caso co significado de ‘famoso na preparación do exército, famoso guerreiro’, e no segundo ‘famoso pola rapina (de guerra)’. Presenta o hipocorístico Miro.
-
PERSOEIRO
Rei de Asturias e Galicia (842-850), fillo de Vermudo I. Foi elixido rei polos nobres despois da morte de Afonso II sen descendentes e cando acadou o poder tivo que sufocar, coa axuda dos galegos, un intento de usurpación do trono por parte do conde Nepociano, axudado por forzas asturianas. Derrotou aos normandos que arribaran ás costas galegas. Nos seus enfrontamentos cos musulmás inclúese a lendaria Batalla del Clavijo (859). Durante o seu reinado desenvolveuse un dos momentos de maior esplendor da arte asturiana coa construción de San Miguel de Lillo e Santa María del Naranco, entre outras obras. Sucedeuno o seu fillo Ordoño I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro rei de Aragón (1035-1063), fillo natural de Sancho III de Navarra. Elevou Aragón á categoría de reino. Tras o asasinato do seu irmán Gonzalo (1045?), Sobrabe e Ribagorza pasaron a formar parte dos seus dominios. Loitou contra os sarracenos, aos que atacou en Graus en 1055 e novamente en 1063 cando se enfrontou co rei de Zaragoza, que estaba axudado polos casteláns e polo Cid. Morreu neste enfrontamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de León e Galicia (931-951), fillo de Ordoño II. A renuncia do seu irmán Afonso IV levouno ao trono leonés, que tivo que defender das acometidas sarracenas. Artellou unha coalición navarro-leonesa-castelá que levou á vitoria na Batalla de Simancas (939) sobre as tropas de ‘Abd al-Ra ḥ mān III. Durante o seu reinado produciuse a fundación de numerosos mosteiros en Galicia. Non puido evitar a independencia castelá baixo a dirección do conde Fernán González.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Monxe ou o rei Cugula (? 1080? - Huesca 1157) Rei de Aragón e conde de Ribagorza (1134-1137), fillo de Sancho I de Aragón e irmán de Pedro I de Aragón e de Afonso I de Aragón. Entrou no mosteiro beneditino de Tomeres e cara a 1130 pasou ao priorado de San Pedro el Viejo de Huesca, e obtivo o bispado de Roda-Barbastro. Foi elixido rei polos aragoneses en 1134 tras a morte de Afonso I de Aragón, sen descendencia, que deixara o reino ás ordes militares. Por este motivo tivo que enfrontarse a Navarra e Castela. Coa conquista de Zaragoza por Afonso VII de Castela, refuxiouse en Catalunya. Recuperou o trono coa axuda dos cataláns e en 1137 acordou casar a súa filla Petronila con Ramón Berenguer IV de Barcelona, a quen traspasou os dereitos e prerrogativas do reino, aínda que conservou o título de rei. Retirouse ao priorado de San Pedro el Viejo.
-
PERSOEIRO
Rei de León, Asturias e Galicia (966-985), fillo e sucesor de Sancho I. Accedeu ao trono cando era menor de idade e exerceron a rexencia a súa tía, Elvira de León e a súa nai, Tareixa Ansúrez (966-975). Neste período os magnates de Galicia, Portugal e Tierra de Campos actuaron con case total independencia. En 968 enfrontouse a un ataque normando e en 974, cunha coalición de navarros, casteláns e leoneses, foi derrotado por Galib, xeneral do califa al-Hakam II. Dous anos máis tarde, Almanzor dirixiu unha primeira expedición contra o reino leonés e en 981 os sarracenos destruíron Zamora. Enfrontado novamente a Almanzor, foi derrotado en Rueda en 981. Estes fracasos militares desprestixiárono, e o seu curmán Vermudo II foi coroado rei en Santiago de Compostela polos nobres galegos en 982.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - León s VI) Mártir. Morreu asasinado polos arianos, xunto con outros doce monxes, no mosteiro de San Claudio. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa encargada de organizar as festas da parroquia.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e poeta, duque de Rivas. Liberal, fuxiu a Londres (1823), Italia (1825) e Malta. Amnistiado en 1834, volveuse conservador e tivo que fuxir novamente (1837). Foi embaixador en Nápoles e París, e presidente do Consello do Estado (1863). Nas primeiras obras evidenciou influencias neoclásicas, pero os contactos que mantivo durante os seus exilios, sobre todo en Malta, convertérono nun romántico apaixonado. Das súas obras destacan a obra poética El Moro Expósito (1834) e Don Álvaro, o la fuerza del sino (1835), unha das obras clave do teatro romántico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (1.196 km2; 151.560 h [2002]). A súa capital é Cotuí (37.745 h [2002]).
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1063-1094) e de Navarra (Sancho V; 1076-1094), fillo e sucesor de Ramiro I. Despois de conquistar as ribeiras do Cinca, ocupou Arguedas (1084) e polo curso do Gállego achegouse a Zaragoza. As conquistas (1083-1084) e o establecemento da posición de Montaragón (1088) sinalaron o inicio dunha ofensiva contra Huesca que rematou o seu fillo Pedro I de Aragón (1096). Loitou na Guerra dos Tres Sanchos ao lado do seu curmán Sancho IV de Navarra contra Sancho II de Castela, que foi derrotado en Viana (1067). Ao morrer asasinado Sancho IV de Navarra (1076), incorporou o reino aos seus dominios.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Girona, Catalunya (2.098 h [2001]). Ten cultivos de secaño e de regadío.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Asiria. Muller de Šamši-Adad V, exerceu a rexencia (809-806 a C) durante a minoría do seu fillo Adad-nirari III (809-782 a C). Unha lenda, recollida polos autores clásicos, faina muller de Ninos, atribúelle os xardíns colgantes de Babilonia e considéraa unha gran guerreira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial co que se coñece a oxitetraciclina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amina bióxena que deriva da tirosina e aumenta a presión sanguínea e estimula a musculatura lisa, como a do útero. Está presente en diversos alimentos como o viño, cervexa, derivados de carne e peixe, chocolate, levadura e, sobre todo, queixo.