"rot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

    1. Formar un calabrote a partir de varios cabos.

    2. Reforzar con calabrotes as amarras dun barco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo formado por tres cordas do mesmo grosor. É o máis groso dos que se usan nos barcos. O seu diámetro oscila entre os 70 e os 333 mm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto dun barco destinado a dormitorio dos tripulantes ou dos viaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica dirixida en 1957 por Rafael Gil a partir da novela curta Luz de luna (1915), de Wenceslao Fernández Flórez, e protagonizada por Antonio Casal. Foi o propio autor quen se fixo cargo dos diálogos para a versión cinematográfica. Aurelio Romay é un rapaz que abandona a súa aldea natal para traballar nunha consignataria dedicada ao transporte de emigrantes cara ás terras americanas. A partir de aquí, Gil organiza unha película sobre a emigración que se afasta da visión optimista que predominaba na nosa cinematografía. A única concesión do director foi cambiar o final que no relato literario facía descender a Aurelio da súa condición de oficinista á de obreiro mentres que, na cinta, un golpe de sorte o converte no home de confianza dun indiano. Esta foi a terceira e última adaptación realizada por Rafael Gil dunha novela de Fernández Flórez para a produtora católica Aspa Films. Nas tres ocasións o papel protagonista recaeu no actor compostelán Antonio Casal quen, nesta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Destacou como paisaxista pero dedicouse máis ao xornalismo e á ilustración. Por afinidade artística debe incluírse na Xeración Doente. Estivo integrado no grupo cultural de Ferrol. As súas paisaxes son pequenos retallos de natureza afíns con clara tendencia realista. Entre as súas obras destacan San Benito de Lérez, Unha romería en Galicia e Paisaje de las cercanías de Pontevedra. As revistas Galicia e El Liberal outorgáronlle cadanseu premio polos relatos Caso e La armadura. É autor de Cuentos de abades y aldeas (1909-1911), Rías de ensueño. Impresiones de Galicia (1910), Suevia (1910), Camino de Santiago (1910), La última pirueta (1913), La luz apagada (1914), El señorito rural e Tragedias ridículas u otras narraciones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburos carotenoides amplamente distribuídos na natureza, nas especies vexetais e animais, que poden actuar como provitaminas A e ser transformados en vitamina A na parede intestinal en presenza de ácidos biliares e de graxas. Os carotenos principais son: o α-caroteno, o β-caroteno (ou carotina), o γ-caroteno e o licopeno. O α-caroteno é unha substancia vermella escura que contén, a nivel molecular, unha cadea de dobres enlaces conxugados unida a un grupo terminal β-ionona e a un α-ionona. No organismo dá lugar a unha soa molécula de vitamina A por molécula de caroteno e é antecesor das xantofilas luteína e flavoxantina. O β-caroteno, de cor vermella escura, é o máis importante como precursor de vitamina A, e del derivan as xantofilas criptoxantina, zeaxantina, astacina, violoxantina, rodoxantina, etc; coñecido tamén como carotina, extráese da cenoria e emprégase como colorante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmentos de cor amarela, laranxa ou avermellada que se atopan na fracción lipídica insaponificable dos extractos de animais, vexetais e microorganismos que poden ser considerados derivados do licopeno. Tamén se denominan provitaminas A, porque teñen un papel importante como antecesores das vitaminas A. Forman parte dos pigmentos visuais e dos pigmentos do leite. Atópanse tamén en cloroplastos, ovos e excrecencias epidérmicas de aves e artrópodos, e en determinados tecidos de animais mariños. Segundo conteñan ou non osíxeno na molécula divídense en dous grandes grupos: xantofilas e carotenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cromoproteína que contén un carotenoide, xeralmente un caroteno, como grupo prostético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas arterias que, por un lado e polo outro do pescozo, irrigan a cabeza. Está formada por un tronco inicial único, chamado carótide primitiva que, ao nivel da parte superior da cartilaxe tiroide, se divide en dúas ramificacións: carótide interna, que irriga as estruturas do pescozo, da cara e da cabeza, e carótide externa, que distribúe o sangue polo cerebro e pola órbita ocular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á carótide.

    2. Barorreceptor que, unido ao plexo carotídeo e situado na bifurcación da carótide primitiva, intervén na regulación da presión arterial.

    3. Pequena dilatación da arteria carótide primitiva, localizada no punto onde esta se ramifica. Contén barorreceptores e regula a presión sanguínea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñece o β-caroteno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas perennes, da familia das aizoáceas, de talos rastreiros e ramificados de varios metros de lonxitude, follas opostas moi carnosas e de sección triangular, e flores grandes. En Galicia están presentes en xardíns, areais e pedregais costeiros, dúas especies orixinarias de Sudáfrica, empregadas como ornamentais e para fixar dunas ou taludes: C. acinaciformis, de flores de ata 12 cm de diámetro e estaminodios púrpuras, e C. edulis, de flores de ata 8 cm de diámetro e estaminodios amarelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anta situada no outeiro dos Curros, na parroquia de Lampón (Boiro). Carece de mámoa e a cámara é de planta poligonal. Conserva sete chantas, todas elas imbricadas (unha delas está desprazada), e a tampa, que está caída e apoiada lateralmente. Do corredor, que está orientado cara ao leste, permanecen dúas laxes e a tampa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cogomelo dos fungos do xénero Macrolepiota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico, erudito e poeta italiano. Profesor de grego e de hebreo na Universitá de Padua, traduciu a Esquilo, Demóstenes, Ossian e Homero. Foi racionalista e renovador no terreo lingüístico en Saggio sulla filosofia delle lingue (Ensaio sobre a filosofía da lingua, 1785) e Saggio sulla filosofia del gusto (Ensaio sobre a filosofía do gusto, 1788).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína con actividade catalítica, como a catalasa ou a pepsina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cirrose. Ex: A bebida levouno a un estado cirrótico irreversible.

    2. Que ou quen padece cirrose. Ex: Malia ser cirrótico, non deixou de beber.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á clorose.

    2. Que ou quen padece clorose.

    VER O DETALLE DO TERMO