"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
PERSOEIRO
Humanista italiano. Coñecedor das literaturas grega e latina, escribiu o Liber Isottaeus (1450-1451), inspirado na produción de Ovidio, Hesperis e outros poemas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
abetalipoproteinemia.
-
PERSOEIRO
Médico italiano. Foi introdutor dunha técnica clásica de tratamento das hernias inguinais coñecida como operación de Bassini.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter sindicalista editada en Ferrol entre os anos 1913 e 1914. De periodicidade semanal, estivo alentada pola corrente ácrata disconforme coa traxectoria da Federación de Sociedades Obreras local, moi influída pola militancia obreira socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade probablemente vírica que se caracteriza por ulceracións na boca e nos xenitais, irite, lesións cutáneas e artrite.
-
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida polo pseudónimo de Sarah Bernhardt, está considerada como unha das primeiras divas do teatro occidental. Despois de estudar no Conservatorio Nacional de París, debutou no Teatro da Comedia Francesa en 1862, compañía que abandonaría en 1880. Destaca a súa interpretación do personaxe da Raíña, na reposición de 1872 de Ruy Blas, a partir dos textos de Victor Hugo, amais das interpretacións en Phèdre, Andromaque ou Hernani. Un dos seus éxitos foi o seu traballo en A dama das camelias (1884), e Gismonda (1894), a partir dun texto de Victorien Sardou, no que compartía cartel co célebre actor Constant Coquelin. En 1899 trasladou a súa compañía ao Théâtre des Nations, que se denominará Théâtre Sarah Bernhardt, onde realizou a súa singular versión de Hamlet baixo a dirección de Marcel Schwob.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome que aparece cando hai unha parálise homolateral do sistema simpático cervical superior. Caracterízase por miose, ptose palpebral, enoftalmia e trastornos vasomotores da metade da cara correspondente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síntese de substancias complexas realizada por seres vivos a partir doutras substancias máis simples con gasto de enerxía. As reaccións dos procesos biosintéticos prodúcense no interior da célula viva e son de tipo endergónico; a enerxía consumida provén do catabolismo de materiais enerxéticos, do ATP ou outros compostos fosforados de alta enerxía. Consisten na progresiva redución de materiais orixinariamente oxidados, ou ben na incorporación, tamén progresiva, de pezas moleculares simples para dar lugar a unha macromolécula. A fotosíntese realizada nos vexetais é un punto de partida para a biosíntese dun gran número de substancias. O anabolismo dos seres vivos comporta a biosíntese de distintas substancias orgánicas, tales como prótidos, fosfolípidos, etc. Moitas substancias sintetizadas van parar ao exterior (glícidos, antibióticos), polo xeral con repercusións ecolóxicas. Pódese considerar tamén como biosíntese a produción de substancias diversas como residuo da degradación de substratos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elaborar mediante biosíntese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pneumoconiose ocupacional caracterizada por broncoespasmos e dificultade respiratoria, causada pola inhalación de po (con presenza de partículas bacterianas e fúnxicas). Afecta os traballadores dos campos de algodón, liño e cánabo.
-
PERSOEIRO
Economista e financeiro alemán. Traballou no Reichsbank (1920-1929), no Banco de Pagamentos Internacionais (1930-1934) e dirixiu o Reichsbank (1937-1939). Destituído, pasou a ocupar outros cargos en empresas e bancos como Uniliver, Daimler Benz AG e Deutsche Unionbank. Nos anos 1958-1969 foi presidente do Deutsche Bundesbank, onde se distinguiu pola súa demanda de revalorización do marco. Dende 1958 foi un dos directores do Banco de Pagamentos Internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe que saíu do prelo o día 1 de agosto de 1919 na vila de Mondoñedo. O boletín, de periodicidade quincenal, estaba dirixido por Antonio Maseda Bouso. Como colaboradores figuraban Adalberto Alonso de Llera, Ramón Blanco, Rof Codina e Rivas Moreno. Estaba especializada en temas agrícolas e sindicais, e trataba cuestións técnicas, sobre todo aspectos ideolóxicos e informativos para a revista Acción Social coa que se repartía conxuntamente. O último número coincide coa desaparición da citada revista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en xaneiro de 1919 na vila coruñesa de Ortigueira. Cesou no ano seguinte, en outubro de 1920. Este boletín, de tendencia agrarista, serviu como voceiro do sindicalismo católico, foi substituído en outubro do ano 20 por Acción Agraria. Esta última publicación ten como data de cese o ano 1926.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no ano 1933, non localizada, que introducía información dedicada ao campo e aos labores agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu na Coruña en xaneiro de 1983. Subtitulábase “Cuerpo Superior de Policía” e, como tal, só se distribuía nos medios policiais. O director foi Lino Fernández Gómez e a redacción estaba formada por Xosé Antonio Caride, Hilario Grande, Francisco Paradela e Enrique Tomé. Os colaboradores das distintas seccións foron Losada en “Armas”, Meijide en “Área fiscal”, Paradela en “Área Jurídica”, Peña e Tomé en “Dibujos”, Utrilla na portada e o doutor Fuentes en “Medicina”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Reunión dos bolsistas fóra das horas e sitio de regulamento.
-
Lugar onde esta reunión se realiza.
-
Centro de contratación oficial de valores, nas prazas onde non hai unha bolsa ou o seu carácter é restrinxido.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Destacou polo Libro delle tre scritture (Libro das tres escrituras), nalgúns aspectos precursor do estilo e da temática de Dante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de prospección xeofísica que consiste en bater o chan cun pesado mazo de madeira ou cunha vasilla chea de chumbo no extremo dun longo mango para que pase enerxía a través del. O rexistro do son resultante axuda a localizar as estruturas enterradas, xa que o ruído xordo indica que o chan non está alterado, en tanto que as gabias e os buratos ocultos baixo o chan producen un efecto máis resoante. Esta técnica quedou practicamente obsoleta debido aos avances tecnolóxicos.
-
PERSOEIRO
Químico. Foi un dos creadores da química agrícola. Aplicou ao estudo dos solos os métodos da análise química. Estudiou a procedencia do nitróxeno presente nos organismos vivos e determinou que o fixaban os vexetais. Foi profesor de Química na Facultade de Ciencias de Lyon e membro da Académie des Sciences.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor e debuxante. Estudiou ata 1947 na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e despois na Escola do Traballo. Foi aprendiz en 1944 con Marcelino Pena, e en 1946 comezou a traballar como tallista en Manufacturas Compostelanas. Axudado pola Deputación da Coruña trasladouse a Madrid, onde foi alumno de Asorey. Traballou a madeira, o marfil e o acibeche, e realizou exposicións en Galicia, Alemaña, Francia, EE UU, Exipto e Tunes. Participou no Annuaire International des Artes Plastiques da UNESCO. A súa obra foi galardoada en diferentes ocasións: primeiro premio e medalla de ouro no concurso provincial de arte de Lugo en 1949, segunda medalla rexional de escultura na Coruña en 1949 e segunda medalla do certame provincial de escultura de Santiago de Compostela en 1950. O 2 de marzo de 1963 foi nomeado académico de número da Real Academia de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario.
VER O DETALLE DO TERMO