Boletín de los sindicatos católico-agrarios de Ortigueira

Boletín de los sindicatos católico-agrarios de Ortigueira

Publicación que apareceu en xaneiro de 1919 na vila coruñesa de Ortigueira. Cesou no ano seguinte, en outubro de 1920. Este boletín, de tendencia agrarista, serviu como voceiro do sindicalismo católico, foi substituído en outubro do ano 20 por Acción Agraria. Esta última publicación ten como data de cese o ano 1926.