"toi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 199.

  • Relativo ou pertencente á apófise mastoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da apófise mastoide, consecuencia case sempre dunha otite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Indoeuropeísta francés. Discípulo de Michel Bréal e Ferdinand de Saussure, escribiu obras sobre o grego e o latín, ademais doutras de divulgación, pero destaca, sobre todo, pola súa contribución ás linguas eslavas e ao armenio. Aplicou amplamente o concepto saussuriano da sincronía (Grammaire de la langue polonaise, 1921) e insistiu no carácter social do feito linguístico. Da súa produción destacan Altarmenisches elementarbuch (1913), Les langues dans l Europe nouvelle (1918) e Le slave commun (1924)..

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Coñecido como Merlin de Thionville, foi deputado da Asemblea Lexislativa (1791) e da Convención e decretou a confiscación dos bens dos emigrantes monárquicos e a deportación dos clérigos refractarios. Contribuíu á caída de Robespierre e foi membro do Consello dos Cincocentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés, conde de Douai. Coñecido como Merlin de Douai, foi deputado nos Estados Xerais (1789) e conseguiu a abolición do dereito de primoxenitura. Membro xacobino da Convención Nacional e do Comité de Salvación Pública, foi ministro de Xustiza (1795-1797) e formou parte do Directorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unir algo co mestoiro ou a mesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pozo en que se mete a rede coa intención de tinguila durante a mista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Coñecido como cabaleiro de Lamarck, foi discípulo de Bernard de Jussieu, e en 1778 publicou a súa obra Flore française, onde utilizou por primeira vez unha clave dicotómica para clasificar as plantas. O conde de Buffon, interesado polo seu traballo, confioulle unha misión científica por Europa central para enriquecer as coleccións de plantas do Jardin du Roi. En 1794 foille concedida a cátedra de zooloxía do museo de ciencias naturais, co cargo de clasificar as coleccións de animais inferiores. Da súa obra destacan Philosophie zoologique (1809), onde expuxo as súas ideas sobre os seres vivos e formulou a primeira teoría positiva sobre a evolución, e Histoire naturelle des animaux sans vertèbres (1815-1822), onde recolleu os seus coñecementos sobre invertebrados e puxo os fundamentos da súa clasificación sistemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Dirixiu a Académie de France en Roma. Foi autor dos medallóns do Palais Soubise (París), da cúpula de San Luigi dei Francesi (Roma) e dos cartóns coa Histoire de Don Quichotte para a fábrica de tapices de Beauvais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nectonematoideos.

    2. Verme da orde dos nectonematoideos.

    3. Orde de vermes, do filo dos nematomorfos, que presentan dúas liñas epidérmicas, unha dorsal e outra ventral. Están provistos de sedas para a natación e os adultos habitan libres nas augas mariñas litorais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que se presenta en forma de agullas de cor laranxa que funden a 270-272°C con descomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Foi bispo de Caors (1679) e de Châlons-sur-Marne (1680), arcebispo de París (1695) e cardeal (1700). Interveu na disputa xansenista, pero ao non aceptar a bula Unigenitus dividiu a Igrexa de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Coñecido como abbé Nollet, descubriu o fenómeno da osmose dos líquidos (1748) e foi o primeiro en demostrar que o son se propaga dentro da auga. Inventou o primeiro electroscopio (1747) e está considerado o fundador da electroterapia empírica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a forma dun dente.

    2. Que é semellante a un dente.

    3. Que está constituído por tecidos semellantes aos dos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Colaborou, entre outras numerosas publicacións, en Mercure de France, e dirixiu La Nervie. Tivo un papel importante entre os simbolistas, e defendeu a arte pola arte. Das súas obras destacan Hubert Ponscarme (1907), Évolution de la medaille au XIXe siècle (1907), Métabolisme (1921), L’evasión spirituelle (1921) e Véronèse (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e xurista. Fundou a Sociedade de San Vicente de Paúl e as Conferencias de San Vicente de Paúl. En 1833 xuntouse con F. René de Chateaubriand, co conde de Montalembert, con Jean-Baptiste-Henri Lacordaire e outros católicos progresistas. Foi partidario do liberalismo político, polo que sufriu ataques diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade rexional ou social dunha lingua que se asocia coas clases baixas e coas zonas rurais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista finlandés. A súa obra reflicte os problemas do proletariado finlandés e denuncia a súa explotación. Destacan as novelas Tehtaan verjossa (Á sombra da fábrica, 1932), Ihmisten kevät (Homes en primavera, 1935) e Lapsuuteni (A miña nenez, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político francés, fillo de Nicolas Perrenot de Granvelle. Bispo de Arrás (1540), contribuíu á negociación da Paz de Augsburgo entre o Emperador Carlos V e os príncipes protestantes (1555). Estivo ao servizo de Filipe II e interveu nas conferencias de Marcoing e de Cercamps (1558), que prepararon o Tratado de Cateau-Cambrésis. Foi nomeado arcebispo de Malinas en 1560.

    VER O DETALLE DO TERMO