"xil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 207.

  • PUNTA

    Punta do litoral cantábrico, situada na parroquia de Portocelo (Xove).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está construído dunha soa peza de madeira.

    2. Embarcación primitiva que consiste nun tipo de piragua ou canoa construída a partir dun único tronco de madeira. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás monxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos muxílidos.

    2. Peixe da familia dos muxílidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos perciformes, que teñen corpo afusado e robusto, cabeza plana pola parte superior, beizos carnosos e dentes pequenos. As diferentes especies son coñecidas co nome xenérico de muxe. Son peixes de costumes peláxicos, moi bos nadadores, que se alimentan de invertebrados e de algas, penetran en augas salgadas e doces e tamén en zonas de polución doméstica e en portos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos muxiliformes.

    2. Peixe da suborde dos muxiliformes.

    3. Suborde de peixes perciformes caracterizados pola posición abdominal ou subabdominal das aletas ventrais. Os representantes deste grupo son todos peláxicos, litorais, con algunhas especies de auga doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. As súas obras atópanse repartidas entre Ourense e O Bierzo. Destaca a igrexa parroquial de Santa María de Larouco (Larouco) e a igrexa de San Miguel de Las Dueñas (León).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo Leovixildo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi conselleiro de Economía (1983) e conselleiro maior do Consello de Contas (1991-2000). Dirixiu o Colexio Universitario de Vigo e a Universidad del Atlántico. Escribiu En torno a la teoría del desarrollo económico. (Desarrollo económico italiano) (1963), Una investigación sobre la influencia de la economía en el derecho (1966), Estudios de economía gallega (1984) e Clásicos del pensamiento económico y financiero. Reflexiones sobre las corrientes tradicionales del pensamiento económico (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote, profesor e poeta. Doutor en Filosofía, en 1923 ordenouse sacerdote. Foi chanceler-secretario e cóengo-maxistral da diocese de Tui (1941) e mestrescola e arcipreste da diocese de Cádiz-Ceuta. Recibiu a influencia de Fray Luis de León, Félix Lope de Vega, san Xoán da Cruz e santa Tareixa de Xesús e escribiu numerosos artigos, comentarios e poemas de temática relixiosa, dos que destacan “Romance a San Pelayo” (1925), “Canto a Santo Tomás”, “Rimas”, “Cátedra” e “Bodas de Plata”. En 1964 foi elixido académico de número da Real Academia Hispano-Americana de Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás paxiláceas.

    2. Fungo da familia das paxiláceas.

    3. Familia de fungos da orde das boletais, que comprende fungos con esporocarpos grandes ou medios, de cor castaña, con esporas pardas ou negras, e de láminas decorrentes e facilmente separables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das paxiláceas, que presentan sombreiro convexo e láminas desiguais e de cor amarela tirando a parda. Non son aptas para o consumo pois provoca intoxicacións que poden ser mortais. En Galicia atópanse diversas especies como P. involutus, baixo calquera tipo de árbore, e P. panuoides, sobre madeira podre de coníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea bienal, ergueita, de ata 75 cm de altura, que presenta talo estriado, as ramas e as follas tripinnadas de contorno triangular de cor verde escura, as flores de cor verde amarelada e dispostas en umbelas de longo pedúnculo, e os froitos en diaquenio. Florece entre xuño e setembro. Cultívase como planta aromática porque as súas follas se empregan como condimento.

    2. cegude.

    3. Planta herbácea perenne, de ata 50 cm de altura, que ten o talo macizo e estriado, coa base recuberta de restos de follas, as follas tripinnadas, as flores de cor branca e dispostas en umbelas, e os froitos con costelas moi marcadas. Florece entre xuño e agosto. Emprégase como planta medicinal pola súas propiedades diuréticas e tónicas.

    4. Planta herbácea perenne que presenta rizoma rastreiro e talo estriado, follas pinnadas e carnosas, as superiores dentadas e as inferiores pecioladas, flores cos pétalos de cor verde amarelenta, dispostas en umbelas pedunculadas, e froito de cor verde oliva. Florece no verán, entre xullo e outubro. Vive en rochedos marítimos. As súas follas son comestibles e foron empregadas polos antigos navegantes para combater o escorbuto. OBS: Tamén se denomina fiúncho bravo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Explosivo de nitrocelulosa que contén entre un 10,8 e un 12% de nitróxeno. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óso membranoso da parte anterior da mandíbula superior de moitos vertebrados, en que se forman os dentes incisivos dos mamíferos e o bico superior das aves. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. Arredor de 1540 realizou o cadeirado alto e baixo do coro da igrexa do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol acetilénico que se emprega como inhibidor da corrosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical univalente de fórmula HC "FF2DFF33 30B430B730C330AF"; "FF2DFF33 30B430B730C330AF" >≣ C-CH2-, derivado do propino por perda dun átomo de hidróxeno do átomo de carbono saturado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gladiador que combatía a golpes de puño.

    2. boxeador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Loita deportiva na que dous contendentes intentan golpearse cos puños. Na Antigüidade clásica foi considerado dun gran valor educativo e saudable. A técnica comportaba o uso do caestus (armadura feita de tiras de coiro e pezas de chumbo que protexían mans e antebrazos) e a suxeición a algunhas regras (era castigada a morte premeditada). OBS: O deporte moderno denomínase boxeo.

    2. Loita, rivalidade ou discusión violenta ou obstinada.

    VER O DETALLE DO TERMO