perexil

perexil

(< occit peiressil)

  1. s m [PLANTA]

    Planta herbácea bienal, ergueita, de ata 75 cm de altura, que presenta talo estriado, as ramas e as follas tripinnadas de contorno triangular de cor verde escura, as flores de cor verde amarelada e dispostas en umbelas de longo pedúnculo, e os froitos en diaquenio. Florece entre xuño e setembro. Cultívase como planta aromática porque as súas follas se empregan como condimento.

    Sinónimos: pirixel.
  2. perexil das bruxas/bravo [PLANTA]

    cegude.

  3. perexil de monte [PLANTA]

    Planta herbácea perenne, de ata 50 cm de altura, que ten o talo macizo e estriado, coa base recuberta de restos de follas, as follas tripinnadas, as flores de cor branca e dispostas en umbelas, e os froitos con costelas moi marcadas. Florece entre xuño e agosto. Emprégase como planta medicinal pola súas propiedades diuréticas e tónicas.

  4. perexil mariño [PLANTA]

    Planta herbácea perenne que presenta rizoma rastreiro e talo estriado, follas pinnadas e carnosas, as superiores dentadas e as inferiores pecioladas, flores cos pétalos de cor verde amarelenta, dispostas en umbelas pedunculadas, e froito de cor verde oliva. Florece no verán, entre xullo e outubro. Vive en rochedos marítimos. As súas follas son comestibles e foron empregadas polos antigos navegantes para combater o escorbuto. OBS: Tamén se denomina fiúncho bravo.