Peretz, Yitzhak Leib
Peretz, Yitzhak Leib
Escritor polaco. Xudeu, realizou a súa obra en hebreo e en yiddish, do que foi un dos cultivadores modernos máis notables. As súas posicións nacionalistas e socialistas radicalizáronse a partir de 1881. Escribiu en todo tipo de xéneros, se ben destacan as narracións, onde describe a vida dos guetos nun estilo simbolista, e a obra teatral Die goldene keit (A cadea de ouro, 1907).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Zamo&# -
Deceso
Lugar : Varsovia