"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

    1. Marcar a alguén cun estigma ou sinal.

    2. Difamar ou calumniar a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extracción do líquido dunha substancia mediante destilación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Someter unha substancia a destilación.

    2. Caer un líquido pinga a pinga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estar algo de moda, usarse ou ser costume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punzón que se empregaba na Antigüidade para escribir en táboas enceradas.

    2. Puñal de folla moi estreita e triangular empregado sobre todo nos ss XVI e XVII.

    3. Sonda metálica, longa e delgada, que pode ser flexible ou ríxida e que ten unha pequena dilatación en forma de oliva nun extremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. De orixe vándala, foi nomeado magister militum (394) por Teodosio. Trala división do Imperio, confióuselle a titoría de Honorio e Arcadio, e a rexencia do Imperio de Occidente. Derrotou os visigodos de Alarico en Pollenza (402) e Verona (403) e os ostrogodos en Fiesole (405), pero non puido recuperar Iliria. Desamigouse coa corte pola presenza de numerosas tropas de orixe bárbara e, acusado de traizón, foi condenado a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto somático lateral situado no punto máis baixo da apófise estiloide do radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia ao cuidado esmerado do estilo.

    2. Actividade do profesional que se dedica ao cuidado da imaxe, especialmente no mundo da moda e a decoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artista, especialmente escritor, que se caracteriza pola mestría do seu estilo ou expresión.

    2. Profesional que se encarga de todo o relacionado co estilo e a imaxe, especialmente no ámbito da moda e o espectáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disciplina lingüística, fundada por Charles Bally, que estudia os feitos expresivos da linguaxe organizados desde o punto de vista do seu contido afectivo, é dicir, a expresión dos feitos da sensibilidade por medio da linguaxe e a acción dos feitos da linguaxe sobre a sensibilidade. Ch. Bally céntrase especialmente na lingua falada e trata de extraer, non o sentido conceptual das unidades, senón os seus valores afectivos, na medida en que estes están codificados, é dicir, son compartidos por todos os usuarios.

    2. Disciplina lingüística no limiar da ciencia literaria que estudia o estilo das obras literarias. Algúns autores, como Roman Jakobson, consideran o estilo esencialmente como unha elaboración da mensaxe lingüística; outros, como Pierre Guiraud, consideran que é unha desviación respecto dunha lingua usual. Non obstante , o problema básico da estilística literaria consiste en illar os trazos que desempeñan unha función estética nun texto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao estilo ou á estilística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anacoreta que en Oriente e nos primeiros séculos do cristianismo, vivía sobre unha columna. O máis célebre foi san Simeón o Estilita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estilizar.

    2. Movemento teatral que procuraba unha nova visión da teatralidade, próxima ao simbolismo. Foi desenvolvido por directores e creadores teatrais próximos a esta corrente estética, como Adolphe Appia, Vsevolod Meyerhold, Adrià Gual ou Cipriano de Rivas Cheriff. En Galicia, este movemento estivo representado por Xaime Quintanilla na súa obra Alén (1921), e foi reivindicado por Xesús Bal y Gay no seu estudo Hacia el ballet gallego (1924) e por Rafael Dieste en diversos traballos publicados en El Pueblo Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo pareza máis delgado ou esvelto do que en realidade é.

    2. Conformar algo segundo regras convencionais, ou debuxar algo dunha maneira convencional facendo unha adaptación arbitraria da realidade, especialmente simplificando as formas e os trazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punzón co que na Antigüidade se escribía nas táboas enceradas.

    2. Gnomon ou agulla dun reloxo de sol.

      1. Maneira particular dun autor ou orador de expresar o pensamento na linguaxe oral ou escrita; non pola referencia ao que é esencial ou permanente na lingua, senón polo que pertence aos elementos accidentais e variables dun léxico, dunha particularidade de formar, combinar, estruturar e ligar os xiros, as frases, as cláusulas, os períodos, etc. En todas as épocas houbo tratadistas de estilo. Os retóricos antigos e os tratadistas dende o Renacemento ata o romanticismo, divídeno en sinxelo, temperado ou sublime, e aplicánlle moitos adxectivos segundo os diferentes xéneros aos que podía pertencer: epistolar, didáctico, oratorio, festivo, irónico, cómico, patético, florido, elegante, grandilocuente, etc. Así mesmo, denominouse asiático, ático, lacónico, etc, dependendo dos pobos que lle desen forma.

      2. Carácter propio das obras dun artista. Como estilo interno e forma característica e privativa dun autor, vén sendo como un selo da súa personalidade e, menos suxeito a modas ou épocas, converte a quen o posúe nun clásico de todos os tempos.

      3. Conxunto de características orixinais que distinguen unha escola, período artístico, nación ou época determinada,e que segundo uns determinados medios de execución permiten identificar e individualizar esas obras.

      4. Xeito ou maneira de actuar ou comportarse característica e distintiva dunha persoa ou colectividade.

      5. Gusto, elegancia ou distinción que manifesta unha persoa ou cousa.

      1. estilo directo

        Reprodución literal das palabras doutra persoa, sen introducir cambios gramaticais. En novela, transcrición literal do que di un personaxe. Por exemplo un enunciado en estilo directo sería: Ela dixo: “Non quero ir”.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria editada en Barcelona nos anos 50 polo Sindicato Español Universitario (SEU) e dirixida por Eugenio Fuentes Martín, e posteriormente por Francisco Farreras. Publicouse coa finalidade de suplir a falta de páxinas literarias do diario falanxista Arriba e pertenceu ao sector máis crítico do réxime. Nas seccións “Poetas universitarios” ou “Poetas en los claustros” colaboraron os poetas da Xeración dos 50. O seu carácter polémico acrecentouse cun artigo asinado en 1949 polo crítico José Mª Castellet cunha recensión da obra de Simone de Beauvoir Le deuxième sexe, na que se defendía a igualación da muller co home. Castellet foi expulsado da revista e aumentou o rexeitamento sobre calquera aspecto progresista. Deste xeito, dende 1950 e ata a súa desaparición converteuse en boletín da Falange e centrouse nas actividades do SEU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida na Coruña en xullo de 1988. Cesou a súa edición no 2001. Dirixida por Carlos Marcos Blanco e editada por Estilo Galicia SL, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Publicaciones de Galicia. Incluíu información e entrevistas referidas á política, á moda e á sociedade de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome outorgado por H. R. Hitchcock e P. Johnson en 1932 á arquitectura racionalista de, entre outros, Le Corbusier, W. Gropius e Mies van der Rohe. Caracterízase pola composición asimétrica con volumes conseguidos polos planos ortogonais, a eliminación da decoración, o desenvolvemento de estruturas metálicas reticulares que conforman plantas libres e o emprego de grandes ventás. En Europa o termo refírese aos valores da arquitectura vangardista do período de entreguerras, mentres que nos EE UU aplícase aos valores formais. En España adoitárono, a partir de 1950, entre outros, A. de la Sota, F. J. Sáenz de Oiza, J. A. Corrales e R. Vázquez Molezún.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Base sobre a que descansa unha columnata.

    2. Cada unha das lousas que compoñen a base sobre o que se erixe unha columna.

    3. Plano de apoio das columnas dunha columnata.

    4. Chanzo superior da escalinata dun templo sobre o que descansan as columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pluma de punta metálica e cun depósito de tinta no seu interior que serve para escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO