"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tren lixeiro con motor de explosión e un ou dous vagóns, que se emprega para traxectos curtos.
-
ENTRADA LARGA
Medio de transporte baseado na condución de vehículos por unha vía formada por un ou dous carrís metálicos (que, neste caso, o máis común, se manteñen paralelos grazas a unha estrutura de travesas de madeira ou formigón que os fixa á plataforma pola que discorren). Orixinariamente os carrís foron de ferro (aínda que hai antecedentes de madeira), pero a partir de 1870 fixéronse de aceiro. Sobre a vía férrea circula o tren ou composición de vehículos que como medio de transporte permite desprazar grandes volumes de mercadorías e pasaxeiros a baixo custe. Os trens rodan pola vía arrastrados por unha locomotora. En función da categoría da vía ou do sistema de tracción, pódense distinguir varios tipos de ferrocarril: polo grao de importancia da liña e da súa calidade, existen ferrocarrís principais, secundarios e ramais; en virtude do ámbito xeográfico, urbanos e interurbanos, de proximidade, rexionais, nacionais e internacionais; polo largo de vía, normal (o empregado nas liñas principais dunha...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en agosto de 1858 na Coruña. Dirixida por Xosé Mª de Andueza, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de Xosé Carlos Fernández Díaz editado en 2006 por Ir Indo edicións.El Ferrocarril en Galicia é unha obra única na bibliografía ferroviaria de Galicia, xa que proporciona unha ampla visión do mundo do ferrocarril no país galego. Nela pódese contemplar a construción das liñas existentes, explicacións sobre o retraso na chegada do ferrocarril á nosa Comunidade, ou mesmo a falta de desenvolvemento e competitividade relacionados coa comunicación. Toda a rede ferroviaria descríbese con datos estatísticos (estacións, pontes, túneles, accesos a portos, etc.). Ademais, realiza unha comparativa cos servizos existentes na Galicia de hoxe e os do resto do Estado, poñendo de manifesto o inferior número de relacións externas e internas con respecto a outras comunidades españolas. No capítulo de “Plans recentes” ofrécese ao lector un amplo repaso por multitude de plans frustrados e anulados, substituídos por outros igualmente esquecidos e inútiles. Tamén fala da falta de investimentos, incluso en...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado ao redor de 1861 en Vigo. Xurdiu ao abeiro da defensa do establecemento do ferrocarril na zona sur de Pontevedra. Imprimiuse nos obradorios tipográficos de Miguel Fernández de Dios. Cesou a súa edición ao pouco tempo de coñecerse a confirmación do proxecto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre a ría de Betanzos. Trátase dunha ponte de 1905 dun van e celosía metálica en cruz de santo Andrés. Pertence á liña férrea de Betanzos a Ferrol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Mera en Santiago de Mera (Ortigueira). Trátase dunha ponte do s XX de formigón, con once arcos de medio punto apuntados. Pertence ao camiño ferroviario que une Ferrol e Gijón (FEVE).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Lambre, entre Paderne e Miño. Trátase dunha ponte do s XX dun van e celosía en cruz de santo Andrés. Pertenceu ao desvío do ferrocarril da Coruña a Ferrol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Eume, entre Pontedeume e Cabanas. Trátase dunha ponte do s XX de ferro forxado e tres vans, con celosías en cruz de santo Andrés. Pertence á liña que vai a Ferrol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Landro, en Viveiro. Trátase dunha ponte do s XX de catro vans con bóvedas oxivais de dúas roscas. Pertence á liña de ferrocarril do Norte (FEVE).
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FEVE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina moi estable, de cor laranxa. Descuberta por S. A. Miller. Presenta unha estrutura que se denomina sandwitch, formada polo átomo central de Fe, que se sitúa entre os dous anións ciclopentadienilo, que lle dan unha grande estabilidade ao composto.
-
-
Relativo ou pertencente ao ácido ferrocianhídrico.
-
Ácido que deriva formalmente do anión hexacianoferrato (II) [Fe(CN) 6 ] 4- .
-
-
ENTRADA LARGA
Nome xenérico dos sales que derivan do anión hexacianoferrato(II), de fórmula [Fe(CN)6]4-. Obtéñense tratando un sal de ferro(II) cun exceso de cianuro alcalino, segundo a reacción:
FORMULA
FeCl2+6KCN "Times New → 2KCl+K4Fe(CN)6
VER O DETALLE DO TERMO
Tratando un ferrocianuro soluble con Fe3+ obtense o ferrocianuro férrico ou azul de Prusia. A análise estrutural con raios X estableceu que o ión ferrocianuro se compón dun átomo de ferro envolto de 6 grupos CN- dispostos nos vértices dun octaedro regular, do que o átomo de Fe ocupa o centro. -
VER O DETALLE DO TERMO
Exploración do metabolismo do ferro dentro do organismo mediante isótopos radioactivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de ferro e cromo, cun 60 a 75% de Cr, que se emprega na fabricación de aceiros especiais para a construción, resistencias eléctricas e aceiro inoxidable. Obtense no forno eléctrico a partir de minerais de Cr, coque e cuarzo. Forma carburos e mellora as propiedades da ferrita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao instrumento ou aparello electrodinámico que se excita mediante elementos ferromagnéticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción dunha polarización eléctrica espontánea e reversible en determinados cristais ao se someter á acción dun campo eléctrico exterior. Entre as substancias onde o efecto é máis notable cómpre citar o titanato de bario e o sal de Rochelle, que presentan, ademais, histérese dieléctrica, cunha gráfica de forma semellante á das substancias ferromagnéticas. Esta propiedade ten aplicación na conversión directa de calor en electricidade.
-
-
Relativo ou pertencente á ferroelectricidade.
-
Aplícase á substancia que presenta ferroelectricidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suspensión coloidal de partículas magnéticas microscópicas de cobalto, níquel ou magnetita que se recobren de xabón ou de ácido oleico, dispersas nun disolvente que pode ser un hidrocarburo, éter ou auga. Os primeiros ferrofluídos fabricounos W. Elmore nos EE UU en 1948 e ignoráronse ata os anos en que os recuperou a NASA.