Ferrocarril en Galicia. Pasado, presente y futuro, El

Ferrocarril en Galicia. Pasado, presente y futuro, El

Libro de Xosé Carlos Fernández Díaz editado en 2006 por Ir Indo edicións.El Ferrocarril en Galicia é unha obra única na bibliografía ferroviaria de Galicia, xa que proporciona unha ampla visión do mundo do ferrocarril no país galego. Nela pódese contemplar a construción das liñas existentes, explicacións sobre o retraso na chegada do ferrocarril á nosa Comunidade, ou mesmo a falta de desenvolvemento e competitividade relacionados coa comunicación. Toda a rede ferroviaria descríbese con datos estatísticos (estacións, pontes, túneles, accesos a portos, etc.). Ademais, realiza unha comparativa cos servizos existentes na Galicia de hoxe e os do resto do Estado, poñendo de manifesto o inferior número de relacións externas e internas con respecto a outras comunidades españolas. No capítulo de “Plans recentes” ofrécese ao lector un amplo repaso por multitude de plans frustrados e anulados, substituídos por outros igualmente esquecidos e inútiles. Tamén fala da falta de investimentos, incluso en plans concretos, como o Plan Galicia ou o PEIT, que carecen de calendario de execución e orzamento asignado. No libro inclúense abundantes gráficos e cadros das liñas e dos tramos, así como orixinais propostas para a mellora destas infraestruturas, algunhas xa aceptadas polo Ministerio de Fomento. Esta obra está dedicada fundamentalmente ao ferrocarril de viaxeiros e pon de manifesto a falta dun plan real do ferrocarril en Galicia, que defina con visión integral e dende a óptica de Galicia, o que debería ser o modelo ferroviario do futuro. A isto último súmase a reivindicación das competencias que nesta materia debería ter a Comunidade galega. Constitúen 270 páxinas cheas de de historia e vivencias, síntese de noticias xornalísticas dos últimos 25 anos, relatado con amenidade e cun estilo irónico ás veces, e sinxelo sempre, facilmente comprensible para achegalo á maioría dos lectores. O libro, que mereceu no momento da súa presentación, primeiras páxinas de varios xornais de ámbito rexional e local, complétase con decenas de fotografías, gráficos, cadros e mapas que amenizan as páxinas desta insubstituible obra, que hoxe xa é unha referencia en bibliotecas e unha guía para as persoas que traballan, estudan ou gozan co ferrocarril.

Palabras veciñas

ferrobús | ferrocarril | Ferrocarril del Príncipe Don Alfonso, El | Ferrocarril en Galicia. Pasado, presente y futuro, El | Ferrocarril, El | Ferrocarril, ponte do | Ferrocarril, ponte do