"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
PERSOEIRO
Nobre flamengo, conde de Horn. Participou nas batallas de Saint-Quentin (1557) e de Gravelines (1558). Xuntamente co conde de Egmont e Guillerme I de Orange-Nassau, en 1566 iniciou a revolta dos nobres flamengos contra a dominación hispánica. Á chegada do duque de Alba foi arrestado e decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proporción entre o número de enfermos e persoas que habitan un lugar nun período de tempo determinado.
-
PERSOEIRO
Escritor alemán. A súa obra e o seu modelo estético móvense entre o racionalismo ilustrado e o Sturm und Drang. Da súa produción destacan Andreas Hartknopf. Eine Allegorie (Andreas Hartknopf. Unha alegoría, 1786) e a novela autobiográfica Anton Reiser (1790).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés, señor Du Plessis-Marly. Coñecido como Philippe Duplessis-Mornay, desde 1575 foi conselleiro de Enrique III de Navarra (futuro Enrique IV de Francia). A pesar da conversión de Enrique IV foille fiel, e tras a morte deste en 1610 defendeu a moderación dos hugonotes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor ucraíno. Estudou con Glière en Moscova. Autor de obras para orquestra de estética realista, como Fonderi d’acier (A fundición de aceiro, 1926), compuxo tamén sinfonías, unha comedia musical, a cantata patriótica Minino et Pozharski, o poema sinfónico Ukraine, e música de cámara e vocal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e diplomático. De ascendencia galega, residiu en Santiago de Compostela entre 1924 e 1936. Percorreu diversos países como membro do corpo diplomático e como escritor está adscrito á Xeración de 1922. Da súa obra, próxima ao vangardismo de Manoel Antonio, cómpre salientar Ancla (1923-1925) (1926) e Poemas sincopados (1929), este último con características propias da creación musical e dedicado ao musicólogo Xesús Bal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos motacílidos.
-
Ave da familia dos motacílidos.
-
Famila de aves paseriformes, de 14 a 20 cm, que presentan o bico curto, fino e case cilíndrico, as patas e os dedos finos e longos, as ás agudas, con nove rémixes primarias, e a cola bastante longa. Son esencialmente insectívoras e desprázanse en voo sostido e ondulado, ou ben andando pola terra con rapidez. Habitan en todo o mundo, excepto nos polos, en Nova Guinea e nas illas de Oceanía.
-
-
-
-
Facultade de moverse.
-
Conxunto das funcións motoras dun organismo.
-
-
Propiedade da maior parte dos organismos vivos que lles permite moverse espontaneamente ou en resposta a estímulos de diferentes clases. Asegura movementos subsceptibles de xerar locomoción e tivo un papel moi activo na evolución da materia viva. É complexa e vai desde os movementos intracelulares, que traducen a vitalidade da materia viva en oposición á materia inerte, e celulares, ata a locomoción animal. O movemento celular pode ser ameboide, propio de certos protozoos, por flaxelos e por cilios, ou tamén flexuoso ou por escorregón, entre outros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
plurilingüe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
plurilingüismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casa museo situada na Coruña en que residiu Emilia Pardo Bazán. Inaugurouse en 1972. Recrea fielmente o típico pazo da nobreza urbana con catro salas de exposición que conteñen todos os obxectos persoais e artísticos da autora. Organiza exposicións temporais e conta cunha biblioteca e cun departamento pedagóxico e organiza diversas actividades. É sede da Real Academia Galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo militar situado no antigo solar do convento de San Francisco na Coruña. A súa orixe atópase na colección reunida pola Maestranza de Artillería no s XIX, enriquecida con novas adquisicións tras a Guerra Civil Española (1936-1939). A súa colección componse de armas de fogo de todo tipo e nacionalidade, así como de bandeiras, lembranzas e instrumentos dos corpos galegos, desaparecidos coa reorganización do exército na década de 1980. En 1988 o exército concedeulle a categoría de museo rexional e en 1991, coa desaparición do Parque de Artillería, reorganizouse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de mutable.
-
-
Relativo ou pertencente á escola mutazilita.
-
Membro da escola teolóxica do Islam xurdida no s VIII arredor de Wāṣil ibn ‘Aṭā’ e ‘Amr ibn ‘Ubayd en Basora. A súa doutrina, cualificada tradicionalmente de racionalista, intentou harmonizar a revelación coa razón, influída pola corrente filosófica helenística. Desapareceu no s XIII.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos mutílidos.
-
Insecto da familia dos mutílidos.
-
Familia de insectos da orde dos himenópteros que alcanzan entre 7 e 20 mm e teñen a cabeza grosa (as femias sen ocelos), o tórax máis ou menos cúbico, sen suturas, e o abdome cónico, moi peludo e cunha serie de debuxos. O seu desenvolvemento larvario realízase nos niños doutros himenópteros, sobre todo de ápidos solitarios, dos que son parasitos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos muxílidos.
-
Peixe da familia dos muxílidos.
-
Familia de peixes, da orde dos perciformes, que teñen corpo afusado e robusto, cabeza plana pola parte superior, beizos carnosos e dentes pequenos. As diferentes especies son coñecidas co nome xenérico de muxe. Son peixes de costumes peláxicos, moi bos nadadores, que se alimentan de invertebrados e de algas, penetran en augas salgadas e doces e tamén en zonas de polución doméstica e en portos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos muxiliformes.
-
Peixe da suborde dos muxiliformes.
-
Suborde de peixes perciformes caracterizados pola posición abdominal ou subabdominal das aletas ventrais. Os representantes deste grupo son todos peláxicos, litorais, con algunhas especies de auga doce.
-
-
PERSOEIRO
Escritor ucraíno. Foi o autor das novelas Rossijskij Žilblaz (O Gil Blas ruso, 1814) e Bursak (1825).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao músculo situado na cara, entre o nariz e as cellas.
-
-
Relativo ou pertencente aos nautílidos.
-
Molusco cefalópodo da familia dos nautílidos.
-
Familia de moluscos cefalópodos, da subclase dos nautiloideo, que se caracterizan por ser tetrabranquios e posuír numerosos brazos. O corpo esta recuberto por unha cuncha espiral e tabicada no interior.
-