motacílido -da
motacílido -da
(< lat científico Motacilla)
-
adx
Relativo ou pertencente aos motacílidos.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da familia dos motacílidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Famila de aves paseriformes, de 14 a 20 cm, que presentan o bico curto, fino e case cilíndrico, as patas e os dedos finos e longos, as ás agudas, con nove rémixes primarias, e a cola bastante longa. Son esencialmente insectívoras e desprázanse en voo sostido e ondulado, ou ben andando pola terra con rapidez. Habitan en todo o mundo, excepto nos polos, en Nova Guinea e nas illas de Oceanía.