Mota, pazo da

Mota, pazo da

Construción situada en Riobó (A Estrada). Ten planta en forma de L distorsionado, pola presenza da bodega a un lado e da capela ao outro. Está constituído por planta baixa e andar. Na fachada principal está o acceso á capela con coro, cunha entrada presidida por un cruceiro. No interior ten galería e solaina, así como unha dependencia para o graneiro. Conserva o hórreo e unha fonte sobre a que se situaron os escudos de armas dos Guntín e dos Taboada.

Palabras veciñas

Mota del Cuervo | Mota, A | Mota, fortaleza da | Mota, pazo da | motacílido -da | Motacilla | Motagua