"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Romanista alemán. Profesor nas universidades de Heidelberg, Würtzburg e Múnic, reaccionou contra o mecanicismo dos neogramáticos para recalcar o papel do individuo na creación e difusión lingüística (Positivismus un Idealismus in der Sprachwissenschaft, 1901). Tentou aplicar a súa teoría (idealismo) ao francés e estableceu un paralelismo entre os fenómenos culturais e os cambios lingüísticos (Frankreichs Kultur im Spiegel seiner Sprachenwicklung, 1913). Destaca, tamén, o seu labor de hispanista en estudos sobre Lope de Vega ou frei Luis de León.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome dado ao autor das pinturas do mosteiro cisterciense de Vyšší Brod, fundado en 1259 á beira do río Vltava, en Bohemia meridional. Primeiro artista gótico checo, a súa obra é unha síntese do s XIV italiano e francés coa técnica bizantina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico alemán. Desenvolveu un procedemento para diagnosticar a sífilis mediante a aplicación do método inventado por Bordet chamado fixación do complemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do antigo Reino de Mitanni, situada probablemente preto das fontes do Khabur, ao N de Mesopotamia. Foi incorporada ao Imperio Asirio (1336? a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático alemán. Contribuíu á teoría de funcións, estudou as funcións abelianas, as elípticas, as variables complexas, o cálculo de variacións e a converxencia das series.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Momento magnético atómico elemental elixido experimentalmente de xeito que todos os momentos magnéticos medidos en física atómica poidan ser considerados múltiplos enteiros do seu valor. Equivale aproximadamente a 1/5 do magnetón de Bohr.
-
PERSOEIRO
Escritor. As súas narracións caracterízanse por un estilo meticuloso, con descricións dunha precisión case microscópica. Das súas obras destacan Der Schatten des Körpers des Kutschers (A sombra do corpo do cocheiro, 1960), a autobiografía Fluchtpunkt (Punto de fuga, 1962) e Notizbücher 1971-1980 (Cadernos de apuntamentos 1971-1980, 1981). Recibiu o Premio Georg Büchner (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alsaciano. Estudou o magnetismo e aplicou a teoría do paramagnetismo ao ferromagnetismo, e descubriu o efecto magnetocalórico. Destaca a teoría sobre o magnetón.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Montaña dos Alpes Peninos, no cantón de Valais, Suíza, ao NO de Zermatt. Acada os 4.512 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nadador e actor estadounidense. Obtivo a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de París (1922) en 100 m libres, 400 m e 4×200 m libres, e nos de Amsterdam (1928) en 100 m libres e 4×200 m libres. Inmortalizou desde 1930 a figura de Tarzán en numerosos filmes e converteuse nunha das máximas figuras de Hollywood.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Territorios da Inglaterra anglosaxoa, cuxos reis chegaron a conseguir a soberanía sobre todo o país. Parece ser que o seu fundador foi o Rei Cerdic. El e o seu fillo ou neto Cynric I establecéronse en Hampshire arredor de 495, e convertéronse en reis en 500 ou 519. Os seus sucesores foron ampliando os dominios pero Cynewulf I tivo que facerse vasalo do rei de Mercia. Esta vasalaxe durou ata o reinado (802-839) do Rei Egberto I, que puxo baixo o seu dominio Mercia, Surrey, Sussex, Kent, Cornualles, Devon e Essex. Desde 835 os reis de Wessex tiveron que opoñerse ás incursións dos daneses, e pódese dicir que desde 927, ano en que foron expulsados de Northumbria, convertéronse en reis de Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (1.988 km2; 753.614 h [2001]). A súa capital é Chichester.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB > lang=EN-GB mso-ansi-language: EN-GB > Sezession.
-
PERSOEIRO
Político alemán. Coñecido como o Coxo, Mariana de Neoburgo nomeouno secretario (1691). Adquiriu unha fortuna cuantiosa mediante a venda de cargos. Foi embaixador en Parma (1695).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo. Realizou estudos sobre os tests de personalidade e polas súas investigacións sobre o pensamento e a aprendizaxe, escribiu Psychology (1921) e Dynamic of Behavoir (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Física nuclear. Desenvolveu, en colaboración con Salomon A. Berson, a técnica do radioinmunoensaio (1959). Realizou importantes investigacións sobre a insulina plasmática e a diabete. En 1977 recibiu, xunto con R. Guillemin e A. V. Schally, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Costa de Marfil desde 1983, situada no SL de Bouaflé (110.000 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor ruso. Naturalizado francés, dedicouse á talla e á escultura de pedra (El profeta, 1915) e inspirouse en elementos formais cubistas e na busca dunha abstracción das formas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Dirixiu curtametraxes e diversos filmes, como Struktura krysztalu (A estrutura do cristal, 1969), Iluminacja (Iluminación, 1972), Bilans kwartalny (Balance matrimonial, 1974), Wege in der Nacht (Camiños na noite, 1979), Die Unerreichbare (Os inabarcables, 1982), Le pouvoir du mal (1985) e Persona non grata (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mecánico e óptico alemán. Especializado na construción de instrumentos ópticos e fotográficos, en 1846 fundou, en Jena, a empresa que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO