Weiss, Peter

Weiss, Peter

Escritor. As súas narracións caracterízanse por un estilo meticuloso, con descricións dunha precisión case microscópica. Das súas obras destacan Der Schatten des Körpers des Kutschers (A sombra do corpo do cocheiro, 1960), a autobiografía Fluchtpunkt (Punto de fuga, 1962) e Notizbücher 1971-1980 (Cadernos de apuntamentos 1971-1980, 1981). Recibiu o Premio Georg Büchner (1982).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nowawes, Berlín

  • Deceso

    Lugar : Estocolmo