"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Relativo aos órganos e movementos de produción da voz.

    2. Fenómeno fonético de natureza xenética que consiste en destacar unha sílaba determinada dentro dun contexto fónico e que opera sobre calquera dos seus factores constitutivos. Pode ser, segundo isto, cuantitativo, intensivo, tonal, etc, e pode recibir carácter fonolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De aspecto ou forma parecida a un oso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga provincia do N de Francia que corresponde, en gran parte, ao departamento de Pas-de-Calais. A capital era Arras. O territorio da Civitas Atrebatensis formou parte durante a Alta Idade Media do Condado de Flandres. Filipe II Augusto de Francia adquiriuna no ano 1191. Por sucesión feminina pasou aos duques de Borgoña (1405), que dominaron o territorio durante máis de dous séculos. O acceso da Casa de Habsburgo á titularidade destes dominios deu lugar á incorporación total de Artois ao Sacro Imperio como parte do conglomerado dinástico e territorial dos Países Baixos, e por conseguinte, dende Carlos I á monarquía hispánica. A política expansionista da monarquía francesa conseguiu a incorporación de Artois pola Paz dos Pireneos (1659), agás Saint-Omer e Aire, que foron incorporados máis tarde pola Paz de Nimega (1678).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurisdición feudal concedida en apanaxe no 1237 por Luís IX de Francia ao seu irmán Roberto (1216-1250). Despois da definitiva incorporación do condado de Artois a Francia, o título de conde de Artois foi concedido a algúns príncipes da familia real francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador vasco. Catedrático na Universidad de Salamanca (1960-1969) e na Autónoma de Madrid. As súas obras Los afrancesados (1953), La España de Fernando VII (1968), La burguesía revolucionaria (1974), El modelo constitucional español de siglo XIX (1979) e La hacienda del Antiguo Régimen (1982), analizan os inicios da revolución liberal española. Doutor Honoris Causa polas Universidades do País Vasco e de Salamanca, foi tamén Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais en 1991. A súa Enciclopedia de historia de España recibiu en 1992 o Premio Nacional de Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro electrónico italiano. Estudiou en Turín e foi catedrático de radiotelegrafía e consultor científico da Mariña italiana, á cal dedicou os seus inventos. Ocupouse da dirixibilidade das ondas radioeléctricas. En 1907, patentou o radiogoniómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede antiga ou arte en desuso dende hai anos, que foi empregada segundo a lexislación vixente en cada época, e que tiña grandes dimensións, pois podía sobrepasar as duascentas cincuenta brazas de longo por banda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo óu pertencente á flora artoterciaria, diferenciada durante o Mioceno nas terras boreais e da que procede unha gran parte da actual flora do reino holártico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica consistente na extirpación dunha articulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brión con dous conxuntos de dentes que regulan a saída das esporas dependendo da humidade ambiente, procedentes dunha mesma capa de tecido primordial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo libre intraarticular, cartilaxinoso e móbil que aparece como consecuencia dunha lesión traumática ou dunha afección patolóxica da articulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pos de cor gris non irritantes, utilizados como antiséptico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de ferro e prata, AgFe3S5, do grupo das piritas de prata. Cristaliza no sistema rómbico, en maclas pseudohexagonais. Non ten exfoliación, e a súa cor é gris de aceiro ou marrón dourada. Ten dureza 3-4.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten prata ou mestura de prata.

    2. Dise, por oposición a arxéntico, dos compostos nos que cómpre sinalar que a prata é monovalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monxe do que se conta que foi martirizado en Córdoba polos mouros. A festa de santo Arximiro celébrase o 28 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asaltar.

    2. Fase resolutiva do ataque na que as tropas máis avanzadas se precipitan sobre as posicións inimigas.

    3. Cada un dos períodos de tres minutos nos que se divide un combate de boxeo ou calquera outro deporte de combate.

    4. En esgrima, acometida que se fai avanzando ao mesmo tempo o pé dereito e a arma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco González y de Bassecourt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de asañar ou asañarse.

    VER O DETALLE DO TERMO