"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • GALICIA

    Artista plástica. Licenciada en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade de Vigo (1993-1998), cursou estudios de historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela. A súa obra parte da concepción da fisura e da liña como creadoras do espacio, coas figuras que nel se localizan, e do tempo. Entre as mostras colectivas nas que participou cómpre destacar a Mostra de Gravado Encre et bullets (Liexa, 1996), Visións de Futuro (Vigo, 1997), Novos Valores da Bienal de Pontevedra 1998, I Certame Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, 2001) e Mulleres: entre os soños e a maxia (Pontevedra, 2002). Realizou exposicións individuais en Pontevedra e Santiago de Compostela. Entre outros galardóns recibiu a bolsa da Deputación de Pontevedra Novos Valores (1999) e o premio e a adquisición da obra na V Bienal Pintor Laxeiro (2001). A súa obra está presente, entre outras coleccións no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín e na Deputación de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Pequena illa do Mar Cantábrico, na desembocadura do río Bidasoa, entre Hondarribia (Gipuzkoa) e Hendaye (Pyrénées Atlantiques, Francia). Escenario de contactos e transaccións políticas entre as coroas francesa e española, dende 1902 constitúe un condominio de España e Francia, que comparten a súa soberanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘manta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de carecer de algo que se precisa.

    2. Feito de non estar presente unha persoa ou cousa no lugar que lle corresponde.

    3. Defecto de algo ou alguén.

    4. Discontinuidade ou fractura entre dous bloques de rocha na codia terrestre, a partir da que se desprazaron en paralelo ou un respecto do outro por mor de presións tectónicas. Nunha falla distínguense: o plano de falla, sobre o que se efectúa o desprazamento; a liña de falla, que é a liña de contacto entre os dous bloques sobre a superficie; o espello de falla, que é a porción do plano de falla que queda ao descuberto por riba da liña de falla; e os labios de falla, que son as superficies do antigo bloque separadas pola falla (un erguido e outro afundido). Pola súa dirección, fálase de falla directa e de falla inversa, na que o plano de falla está inclinado na dirección do bloque levantado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción de material combustible, centrada basicamente en figuras corpóreas de carácter caricaturesco (ninots) que, xuntamente con outras, se instalan nas rúas de València e noutras poboacións da comunidade na festividade de san Xosé e que se queiman esa mesma noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudiou con Alejandro Odero e Enric Broca, e posteriormente ampliou os estudios de piano con J. Tragó e os de composición con F. Pedrell en Madrid. De 1907 a 1914 residiu en París, onde entrou en contacto con C. Debussy, I. Albéniz, P. Dukas e M. Ravel, que influíron no seu estilo. De regreso, estableceuse en Granada ata que a finais de 1939 embarcou para Arxentina. Colaborador en revistas musicais de ámbito europeo, fundou a Orquesta Bética de Cámara e creou unha música baseada no popular e no folclórico, asimilou as correntes europeas e combinou a tradición española coa modernidade contemporánea. Da súa produción, nun primeiro momento adscrita ao nacionalismo musical e próxima ao impresionismo francés no campo harmónico e na instrumentación, destaca Los amores de la Inés (1902), a ópera La vida breve (1913), Siete canciones populares españolas (1915), o ballet El amor brujo (1915), Noche en los jardines de España (1916), a farsa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritora. Destacou coas súas primeiras entrevistas a personaxes importantes do mundo da política e da cultura, e fíxose popular coas súas reportaxes publicadas en toda a prensa mundial. Da súa produción cómpre salientar I sette peccati di Hollywood (Os sete pecados de Hollywood, 1959), Penelope alla guerra (Penélope na guerra, 1962), Lettera a un bambino mai nato (Carta a un neno que nunca naceu, 1975), Un uomo (Un home, 1979) Insciallah (1990) e La rabbia e l orgoglio (A rabia e o orgullo, 2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carecer de algo ou non ter o suficiente.

      1. Non responder algo ou alguén como se espera ou como é debido.

      2. Deixar algo de funcionar.

    2. Non obter o resultado que se espera dunha cousa.

    3. Botar un trunfo cando non se ten ningunha carta do pau que se xoga en distintas modalidades do xogo de naipes. OBS: É incorrecto o seu uso co significado de ‘decidir un xuíz ou a autoridade competente a cousa que se expresa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que carece de algo.

    2. Que posúe algún defecto.

    3. Feito de facer algo mal.

    4. Defecto que ten algo e que impide o seu bo funcionamento.

    5. Falta dun pau no xogo de naipes.

    6. Condición patolóxica que se produce cando o corazón non pode bombear suficiente sangue da circulación venosa, de xeito que este retrocede, enche o sistema vascular e o organismo retén demasiado líquido. A consecuencia é un edema pulmonar e das pernas, que se pode remediar mediante diuréticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Viaxeiro e historiador. Cadí de València, escribiu unha Historia dos sabios de Al-Andalus, que permitiu un mellor coñecemento dos primeiros séculos da dominación árabe na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco pequeno que se desprende do pan ou doutros alimentos similares elaborados con fariña, como biscoitos, tortas, galletas, etc.

    2. Calquera anaco moi pequeno que se desprende dun obxecto cando escacha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de faragullas ou cousas pequenas e sen importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Discurso artificial e grandilocuente co que se pretende enganar a xente.

    2. Cousa que semella ser máis do que en realidade é.

    3. Confusión grande que se forma sobre un asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador. Adherido ao luteranismo destacou como predicador. Publicou a primeira liturxia cristiá en francés e difundiu a Reforma por Basilea (1524), Berna (1529) e Xenebra (1532) onde acolleu a Calvino (1536), co que tivo que fuxir da cidade e refuxiarse en Neuchâtel, despois de que o consello municipal xenebrino decretase a expulsión de ambos os dous (1538).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen farfalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar sen coñecemento do que se di ou de cousas intranscendentes.

    2. Enlear as palabras ou os conceptos ao falar.

    3. Facer as cousas sen coidado ningún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cousas revoltas ou mal amañadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario aparecido en Vilalba a partir do 22 de xaneiro de 1932. Cesou a súa edición o 28 de xuño de 1936 (nº74). Subtitulouse “Periódico quincenal, paladín de Organización Republicana Agraria (ORGA)” e dirixírono, inicialmente, Ramón Taboada e, en 1936, Antonio Quintela Ferreiro. De tendencia republicana, a partir de 1936 defendeu con forza o nacionalismo galeguista. Participou activamente na denuncia do caciquismo e defendeu a República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate entre Xulio César e Cneo Pompeio durante a Guerra Civil que tivo lugar o 9 de agosto do 48 a C en Tesalia. As tropas de Pompeio, compostas por 11 lexións e un corpo de cabalería formado por 7.000 xinetes, foron derrotados polas oito lexións de veteranos que dirixía César apoiadas por un corpo de cabalería de 1.000 xinetes.

    VER O DETALLE DO TERMO