"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente á Falange Española.

    2. Membro da Falange Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, fillo de Pietro Falca. Coñecido como Alessandro Longhi, destacou como retratista. As súas obras, entre as que destaca Domenico Cimarosa, reflectiron a caracterización individual e psicolóxica do retratado. Publicou Compendio della vita dei pittori veneziani istorici (1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista italiano. Viviu en Sicilia durante os reinados de Guillerme I e Guillerme II e foi autor do Liber do Regno Siciliae (1154-1169).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático neerlandés. Embaixador en Madrid e secretario xeral de Asuntos Exteriores con Luís Bonaparte, dimitiu do seu cargo en 1810 trala anexión de Holanda a Francia. Trala reorganización dos Países Baixos, foi ministro de Instrución, Industria e Colonias (1818-1824), embaixador en Londres (1824-1832) e, desde 1839, embaixador de Holanda en Bruxelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político venezolano. Membro do partido liberal, dirixiu xunto a Ezequiel Zamora a Revolución Federal (1859-1863), trala que foi elixido presidente provisional da República (1863). Ratificado en 1864, promulgou a Constitución federal, que dividiu o país en vinte estados. Foi derrocado en 1868 e expulsado do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. As súas obras amosan unha afinidade estilística co caravaggismo. Foi o primeiro especialista en escenas bélicas, entre as que destaca Batalla de romanos, e introduciu en Nápoles as bambochadas. Cultivou tamén a pintura relixiosa e realizou frescos no Gesú Nuovo de Nápoles entre outras igrexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor. Inspirouse nos estilos monumentais romanos e introduciu no Veneto a arquitectura cincocentista de Roma. En Padua fixo as portas de San Giovanni (1528) e de Savorarola (1530), o arco do Orologio (1532), o Odeón e a loxa do palacio Cornaro. Nas obras pitóricas amosou o seu coñecemento da Antigüidade. Entre outras destaca Sibilla che svela ad Augusto il mistero dell’Incarnazione.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Golfista inglés. Gañou en tres ocasións o Open británico (1987, 1990 e 1992) e noutras tres o Master’s de Augusta (1989, 1990 e 1996). Xogador profesional dende 1976, no seu palmarés figuran tamén 6 títulos da Ryder Cup (1985, 1987, 1989, 1995 e 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmógrafo portugués. Ao servizo da monarquía hispánica desde 1517, traballou en Sevilla nos proxectos de circunnavegación de F. de Magalhães. Foi o autor de Tratado de la sphera y del arte de marear (1535).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor francés. Formouse na École des Beaux Arts de Toulouse e de París e, despois de obter o Prix de Rome en 1859, na Académie de Beaux Arts de France en Roma. As súas obras escultóricas representan o monumentalismo de finais do s XIX. Entre outras, destaca a fonte de Rouen (1879), realizada co arquitecto Perthis. Cultivou tamén o nu feminino, entre o que sobresaíu Danseuse (Danzarina, 1886), e os temas anecdóticos e simbólicos, entre os que destaca A dama do pavo real (1890). Noutras obras, das que cómpre salientar Víctor Hugo, achegouse a Rodin. Como pintor non acadou relevancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor noruegués. Da súa produción destaca Bør Børson (1920), Den fjerde nattevakt (1923), Christianus Sextus (1927) e Nattens brød (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés. Vizconde de Falkland. Membro do Parlamento desde 1640, opúxose ao establecemento do Ship Money e á abolición do episcopado antes de converterse en 1642 no conselleiro do Rei Carlos I. Participou no sitio da cidade de Gloucester e na Batalla de Newbury.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudiou con Alejandro Odero e Enric Broca, e posteriormente ampliou os estudios de piano con J. Tragó e os de composición con F. Pedrell en Madrid. De 1907 a 1914 residiu en París, onde entrou en contacto con C. Debussy, I. Albéniz, P. Dukas e M. Ravel, que influíron no seu estilo. De regreso, estableceuse en Granada ata que a finais de 1939 embarcou para Arxentina. Colaborador en revistas musicais de ámbito europeo, fundou a Orquesta Bética de Cámara e creou unha música baseada no popular e no folclórico, asimilou as correntes europeas e combinou a tradición española coa modernidade contemporánea. Da súa produción, nun primeiro momento adscrita ao nacionalismo musical e próxima ao impresionismo francés no campo harmónico e na instrumentación, destaca Los amores de la Inés (1902), a ópera La vida breve (1913), Siete canciones populares españolas (1915), o ballet El amor brujo (1915), Noche en los jardines de España (1916), a farsa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritora. Destacou coas súas primeiras entrevistas a personaxes importantes do mundo da política e da cultura, e fíxose popular coas súas reportaxes publicadas en toda a prensa mundial. Da súa produción cómpre salientar I sette peccati di Hollywood (Os sete pecados de Hollywood, 1959), Penelope alla guerra (Penélope na guerra, 1962), Lettera a un bambino mai nato (Carta a un neno que nunca naceu, 1975), Un uomo (Un home, 1979) Insciallah (1990) e La rabbia e l orgoglio (A rabia e o orgullo, 2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político francés. Militante da esquerda republicana, foi elixido deputado en 1876 e, tras formar parte de varios gabinetes ministeriais, ocupou a Presidencia da República entre 1906 e 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo estrato do Devónico Superior, situado sobre o Frasniano e baixo o Tournaisiano. A área tipo está en Famenne (Bélxica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Famenniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo Fabián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que segue incondicional e afervoadamente as evolucións doutra persoa ou grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico de Vietnam, no macizo cristalino do N do país. O seu cumio acada os 3.142 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO