"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘orgullo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo fang.

    2. Individuo do pobo fang.

    3. Pobo africano constituído por unha mestura de sudaneses, etíopes e congoleses. Orixinarios do S do actual Sudán, trasladáronse cara ao SO, a través do Congo e Nixeria, movidos pola presión musulmana e estendéronse principalmente polo N do Camerún, o S de Gabón e Guinea Ecuatorial. A súa estrutura social baséase na familia nuclear, nos clans e nos clans fragmentarios, que se diferencian pola prohibición que teñen os membros de emparellarse dentro deste grupo. A unidade básica de organización territorial é o poboado, no que se integran varias familias nucleares, que poden formar parte de diferentes familias extensas, lideradas por un ancián, o avó. Falan unha lingua da familia linguística bantú e as súas características culturais presentan numerosos elementos congoleses, como a agricultura, os métodos de caza e a relixión. Expertos artesáns, destacan especialmente no traballo da madeira, coa que tallan figuras que representan os seus antepasados, relicarios, máscaras e determinadas pezas...

    4. Lingua do phylum níxer-congo da familia lingüística bantú, que se fala en Gabón, Camerún e Guinea Ecuatorial. Utiliza o alfabeto latino e, entre as súas características lingüísticas, cómpre destacar: a distinción entre vocais abertas e pechadas; uso frecuente de consoantes guturais e nasais; distinción de ton baixo, medio e alto; organiza os nomes en sete clases nominais e o adxectivo epíteto vai colocado antes do substantivo; e os tempos verbais están marcados mediante palabras auxiliares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor noruegués. Liberal, fundou a revista antimarxista Var Verden (1923) e posteriormente evolucionou cara ao cristianismo. Das súas obras destacan En kvinnes vei (O camiño dunha muller, 1933), Mannen som elsket rettferdigheten (O home que estimaba a xustiza, 1934) e En lysets engel (Un anxo de luz, 1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Automobilista. Proclamouse campión mundial de Fórmula 1 en cinco ocasións (1951, 1954, 1955, 1956 e 1957). Entre 1950 e 1957 venceu nun total de 24 grandes premios do campionato do mundo da especialidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de vestir de pouco valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escachar os bordos de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou en Marrocos e en 1926 ascendeu a xeneral. Foi deputado agrario por Cuenca (1931-1933) e subsecretario do ministerio da Guerra (1935). Participou nos preparativos do alzamento de xullo de 1936 e dirixiu en Madrid a rebelión do Cuartel de la Montaña, polo que foi sometido a consello de guerra e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo italiano. En 1947 fundou, xunto con Ephrikian, o Istituto Italiano Antonio Vivaldi. Fixo unha nova catalogación e unha nova numeración das obras de A. Vivaldi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia romana de orixe plebea. Os seus principais membros foron Caio Fannio Estrabón , cónsul no 161 a C, que ordenou a expulsión de Roma dos filósofos e dos retóricos gregos; o seu curmán Caio Fannio , membro do círculo de Escipión Emiliano e tribuno no 141 a C, loitou en África e en Hispania. Cónsul no 122 a C rexeitou o proxecto de lei de Caio Graco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nun sistema de coordenadas entalpía-entropía, representación dun proceso de expansión que experimenta un fluído compresible que flúe adiabaticamente por un tubo de sección constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar sagrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa danesa do arquipélago das Frisonas Setentrionais, situada fronte á costa SO da península de Xutlandia (56 km2; 2.800 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Pesaro e Urbino, Italia (56.175 h [2000]). Situada á beira do Mar Adriático, converteuse nun activo centro estival grazas ás súas praias. Foi a Fanu Fortunae romana. Estivo gobernada pola familia Malatesta desde comezos do s XIV. Pertenceu aos Estados Pontificios e en 1860 foi anexionada a Italia. Entre o seu patrimonio cultural destacan a muralla e o arco romano (s I); os palacios da Podestá (1299), Malatestiano (s XV), Martinozzi (s XVI) e Montevecchio (s XVIII); e as igrexas de o Duomo (s XII), San Paterniano (s XVI) e San Pietro in Valle (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psiquiatra, político e filósofo francés. Estudiou medicina en París e en 1952 comezou a exercer a psiquiatría en Alxeria, onde se integrou na Front Libération Nationale (FLN). Considerou o contexto social como un determinante da neurose. Desenvolveu unha filosofía da violencia na que explorou os efectos do colonialismo e do racismo, co obxectivo de provocar a transformación da sociedade. Entre as súas obras destacan Peau noire, masques blancs (Pel negra, máscaras brancas, 1952) e Les damnés de la terre (Os condenados da terra, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Díodo de gas, xeralmente vapor de mercurio, provisto dun cátodo incandescente, que se emprega como rectificador de potencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Foneticista sueco. Entre 1945 e 1948 traballou na análise acústica dos sons do sueco e, entre 1949 e 1951, comezou a desenvolver a súa teoría acústica da produción da fala. Cómpre destacar as súas obras The Acoustic Theory of Speech Prodution (1960), Speech Sounds and Features (1973) e, en colaboración con R. Jakobson e G. Halle, Preliminaries to Speech Analysis. The Distinctive Features and their Correlates (1952), na que, por primeira vez, se expoñen os principios acústicos en relación cos feitos articulatorios. Membro da Real Academia Sueca de Ciencias e da Real Academia Sueca de Enxeñería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semanario literario editado co selo da Delegación Nacional de Prensa e Propaganda, dirixida por Juan Aparicio. O seu obxectivo principal era divulgar a creación e invención poéticas, malia que tamén estaba aberta a outro tipo de xéneros literarios. Dividiuse en diferentes subseccións, e estas á súa vez en temas, co que se pretendía estruturar unha publicación na que tiveran cabida os máis destacados creadores da posguerra, entre outros, Gerardo Diego, Leopoldo Panero, José G. Nieto, Ricardo Molina e Vicente Gaos.

    2. Capacidade da mente para inventar cousas e personaxes que non existen na realidade.

    3. Cousa ou personaxe creado pola imaxinación dunha persoa pero que non ten existencia real.

      1. Peza instrumental de estrutura libre orixinada no s XVI. En Inglaterra denominouse fancy e en España tiento. Nun principio, era unha improvisación sobre un tema dado e posteriormente perdeu o seu carácter imitativo e temático e converteuse nunha forma musical libre. J. S. Bach considerouna un gran preludio.

      2. FRAS: De fantasía. De imitación.

        Obra musical en que un se abandona á fantasía ou imaxinación, sen aterse a unhas determinadas normas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade da mente para inventar cousas e personaxes que non existen na realidade.

    2. Cousa ou personaxe creado pola imaxinación dunha persoa pero que non ten existencia real.

      1. Peza instrumental de estrutura libre orixinada no s XVI. En Inglaterra denominouse fancy e en España tiento. Nun principio, era unha improvisación sobre un tema dado e posteriormente perdeu o seu carácter imitativo e temático e converteuse nunha forma musical libre. J. S. Bach considerouna un gran preludio.

      2. Obra musical en que un se abandona á fantasía ou imaxinación, sen aterse a unhas determinadas normas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario literario editado co selo da Delegación Nacional de Prensa e Propaganda, dirixida por Juan Aparicio. O seu obxectivo principal era divulgar a creación e invención poéticas, malia que tamén estaba aberta a outro tipo de xéneros literarios. Dividiuse en diferentes subseccións, e estas á súa vez en temas, co que se pretendía estruturar unha publicación na que tiveran cabida os máis destacados creadores da posguerra, entre outros, Gerardo Diego, Leopoldo Panero, José G. Nieto, Ricardo Molina e Vicente Gaos.

    VER O DETALLE DO TERMO