"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Rei de España (2.1.1871-11.2.1873). Fillo do Rei de Italia Víctor Manuel II, foi Duque de Aosta antes de ser proclamado Rei de España logo do destronamento de Isabel II. Proclamado polas Cortes Constituíntes en novembro do 1870, Amadeo aceptou formalmente a Coroa en decembro, chegando a Madrid o 2 de xaneiro do 1871. Abdicou o 11 de febreiro do 1873. Foi popularmente coñecido en España como Amadeo de Savoia. O seu foi un reinado breve e complexo, caracterizado en Galicia pola permanente conflitividade: os campesiños, mostraban a súa insatisfacción como consecuencia da subida dos impostos e as levas; os carlistas, que non recoñecían a Amadeo I, deron comezo á Terceira Guerra Carlista, que mobilizou a numerosas partidas guerrilleiras, con o obxecto de restituír o pretendente Carlos no trono, logo da abdicación de Isabel II; os republicanos, que tampouco recoñecían a Amadeo de Savoia, promoveron unha rápida conquista de poder que culminou coa Insurreción de Ferrol do 11 de outubro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duodécimo conde de Savoia (1285-1323), fillo de Tomé II e sobriño de Filipe I, a quen sucedeu; foi o fundador da liñaxe de Savoia que reinou posteriormente en Italia. Durante todo o seu goberno loitou contra o Delfinado, co fin de rexeitar as aspiracións ao condado de Savoia do Delfín Humberto. Aliouse con Filipe IV de Francia contra Flandres. Polo seu matrimonio (1272) con Sibila de Baugé converteuse en cuñado do Emperador Enrique VII. Foi investido vigairo real en Lombardía, Príncipe do Imperio e recibiu o condado de Asti. Estableceu como dereito de herdanza da súa casa a sucesión do primoxénito por liña masculina e prohibiu a división dos territorios de Savoia. Foi protector das ciencias e das artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor italiano. Autor da Cappella Colleone de Bérgamo (1472-1476), que alternou coa decoración da fachada da Igrexa da Cartuxa de Pavía (1475).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe que se retirou a unha cova para facer vida penitente e retirada. Foi abade de Remiremont.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político panameño. Loitou pola independencia do país. Acadada esta (1903), foi elixido Primeiro Presidente do Panamá (1904-1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Auxerre (Francia), ordenou sacerdote a san Xermán e designouno como o seu sucesor. Algúns investigadores identifícano, trabucadamente, con Amador de Quercy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conversión dos N-glicósidos das aldosas nos aminoderivados das cetosas correspondentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘ferreiro’.
-
-
Relativo ao val da Amaía.
-
Persoa natural do val da Amaía.
-
Habitante da comarca da Amaía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Código de costumes marítimos de Amalfi formado por 66 capítulos, 21 dos cales están en latín e os outros 45 en lingua vulgar. Do s XI ou do XII, tivo unha grande importancia no Mediterráneo, ata que o Llibre del consolat de mar (Libro do consulado de mar) o desprazou.
-
PERSOEIRO
Filla dun príncipe franco que renunciou a casar con Carlos Martel para entrar no mosteiro de Maubege (Bélxica).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Amalrico de Bène e ás súas doutrinas.
-
Partidario das doutrinas de Amalrico de Bène.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ministro do Rei Assuerus de Persia. Menciónase no libro de Ester como inimigo do pobo xudeu establecido en Persia e rival de Mardoqueo. Gracias á intervención de Ester, Aman foi colgado na forca preparada para Mardoqueo.
-
PERSOEIRO
Emir de Afganistán (1919-1929). Terceiro fillo de Ḥ ābib Allāh Khān, depuxo ao seu irmán, Na ṣ r Allāh, sucesor do seu pai, e tomou o poder (1919). Loitou contra o Reino Unido e logo asinou con este país o Tratado de Rāwalpindī (1919). En 1923 foi proclamado Rei. Os seus intentos de europeización provocaron a reacción dos ulemas, que promoveron revoltas que obrigarían a abdicar en 1929.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nos países islámicos, amnistía concedida aos non musulmáns. Proveniente dun costume preislámico, na Guerra Santa outorgábaselle ao inimigo despois de discutir as condicións de capitulación.
-
Salvoconduto outorgado por un soberano dun país islámico co fin de permitir o tránsito ou a residencia temporal dun estranxeiro.
-
-
-
Que amaña.
-
Quen se dedica a poñer no seu sitio os membros escordados.
-
-
-
Dispor algo de modo correcto ou axeitado.
-
Resolver ou preparar algo por medio dun acordo ou amaño.
-
Reparar e pór en bo estado algo que estaba estragado.
-
Preparar por medio de influencias, artimañas ou subornos algo, de xeito que semelle legal aínda que non o sexa.
-
Facerse cos medios ou o enxeño precisos que conduzan á resolución dun problema ou para dar feito algo.
-
Asear, vestir, peitear e arranxar unha persoa para que teña un bo aspecto.
-
Prepararse unha persoa para ter un bo aspecto físico.
-
Facer as cousas dun xeito individual e sen axuda, principalmente cando presentan unha dificultade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de amancebarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xuntarse con outra persoa, xeralmente tornándose en amante desta ou mantendo unha relación determinada de parella sen estaren casados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amancio Amaro Varela.