"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
PERSOEIRO
Militar italiano. Durante a Primeira Guerra Mundial loitou na fronte austríaca. Na campaña de Etiopia (1936) foi nomeado mariscal e vicerrei (1937). Ministro da Guerra durante a República Social Italiana, en 1945 foi xulgado e encarcerado ata 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Fundou a Accademia della Crusca e da Accademia degli Umidi. Empregou o pseudónimo de Lasca e propugnou un retorno á literatura toscana dos ss XIII e XIV fronte á tendencia clasicista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor da Igrexa, fillo de Gregorio I, bispo de Nazianzo. Formou con Basilio de Cesarea e Gregorio de Nisa o grupo dos tres grandes capadocios que promocionaron a teoloxía trinitaria. Nomeado patriarca de Constantinopla (379), elaborou importantes sermóns, que lle valeron o título de teólogo. Consérvanse 45 discursos da súa autoría. Na iconografía leva vestiduras de bispo grego (ampla casula e palio) e, como atributos, bastón florido. A súa festividade celébrase o 2 de xaneiro, inda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 9 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Grixoa (Viana do Bolo). Ten planta rectangular con patio interior ao que se accede por unha escaleira exterior ata a solaina, disposta en escuadro. Ten capela exenta, pombal, fonte e outras construcións adxectivas. Está pechado por un muro baixo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo fundado na Coruña a comezos de 1934, polo anarquista arxentino de orixe grega, Antonio Fournerakis, o palentino retornado de América, Ildefonso González, e o zapateiro coruñés, Antonio Varela. Integrado na FAI e con grande influencia nas Juventudes Libertarias herculinas, comezou a súa andaina como editor do voceiro anarquista de igual denominación, disolveuse tralo asasinato de Fournerakis e Varela, en xullo de 1937.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de doce coroas, entre outras a de Recesvinto e a de Suintila, e oito cruces visigodas, consideradas obxectos votivos, localizado en 1858 na vila de Guarrazar (Toledo). Está repartido entre o Museo Arqueológico Nacional e o Musée de Cluny de París.
-
PERSOEIRO
Político e escritor italiano. Sufriu prisión e tivo que exiliarse polas súas ideas políticas. Escribiu, entre outras obras, Note autobiografiche e L’assedio di Firenza (1836), ademais da novela histórica revolucionaria e apoloxía satítica La serpicina (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Guerreiro, estudiou Belas Artes en Madrid e ampliou a súa formación en París e Italia. Realiza unha obra hiperrealista caracterizada polo dominio do debuxo e as tonalidades grises. Das súas obras destacan os murais da igrexa de San Bartolomeu de Xove. Realizou as ilustracións de A fonte da vida longa (1898) e Tras as portas do rostro (1992) de Marica Docampo. Fixo exposicións individuais e participou na III Mostra Unión Fenosa. Recibiu o Primeiro Premio de Pintura Lugo Nova 90 e foi finalista no Concurso de Ilustración de Libros de Cuentos Espasa-Calpe (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Taboi (Outeiro de Rei). Está formado por dous corpos pegados de xeito que adoptan forma de L cunha galería no ángulo. Na fachada principal conserva dous patíns cubertos e un escudo coroado, e tamén unha capela pegada e muralla de pedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Mamede de Ribadulla (Vedra). Ten planta en forma de L. No corpo principal atópase a porta de arco de medio punto enmarcado por pilastras rematadas en bólas. O escudo alude aos Abraldes, Galos, Feixoo, Moscoso, Caamaño, Soutomaior e Varela. Do seu alzado destacan tres chemineas. Conserva a capela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Guimarei (A Estrada). É un conxunto formado por unha torre de orixe medieval e un pazo do s XVIII. A torre pertenceu a unha fortaleza destruída polos Irmandiños en 1467. Conserva sobre a porta principal dúas inscricións co apelido Villar. O pazo adopta unha planta en forma de U co corpo central máis desenvolvido ca os laterais e cunha soa altura. Destaca a fachada do corpo principal formada por unha porta arquitrabada e cun escudo coa coroa de marqués e coas armas dos Villar, Mosquera e Sarmiento. Sobre el sitúase a cornixa curva a xeito de frontón e rematada con pináculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ourense. Ten planta rectangular e patio interior. Nun dos seus lados a solaina converteuse en galería. Está rodeado dunha muralla. O escudo do portal, que procede do pazo de Casar de Mato, alude aos Boán, Andrade, Camba, Varela, Nóvoa, Niño de la Vega e Sotelo. Conserva a capela pegada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso do Tauro Central, entre os macizos de Bolkar, ao O, e Aladag, ao L, que une o altiplano de Anatolia coa chaira de Cilicia.
-
PERSOEIRO
Actor e director cinematográfico kurdo. Dirixiu filmes que denunciaban a inxustiza social en Turquía. En 1974 foi detido e encarcerado ata que en 1981 conseguiu escapar a Francia. Da súa filmografía destacan Yol (1982, Palme d’Or no Festival Internacional de Cine de Cannes) e Le mur (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Físico. Foi profesor da Escola Politécnica Superior do exército, director de asuntos xerais do Centro de Estudios Técnicos de Materiais Especiais, director de calidade na Empresa Nacional Santa Bárbara, vogal da comisión de normalización de certificación (AENOR) e vogal da sección de Defensa da Asociación Española para a Calidade. Ten varias obras, entre elas Dibuxo técnico (teoría e problemas), Tecnoloxía do metal e diversos artigos en revistas e congresos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (940?-986?), fillo de Gorm o Vello. Estendeu a soberanía danesa ao S de Noruega e rexeitou os vendos no Hoder. Tolerante co cristianismo ao que se converteu no 966, foi vencido por un grupo de nobres rivais entre os que se encontraba o seu fillo Sven I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en EE UU a partir de 1867. En 1912 foi adquirida por William Randolph Hearst, fundador da Hearst Corporation. Baixo o lema “a muller ben vestida, a mente ben vestida”, dirixiuse ao público feminino de elevado poder aquisitivo. Caracterizada polo seu estilo atractivo e provocador, ofrece un punto de vista sofisticado da beleza e a cultura, con especial atención ao mercado de luxo. Desde maio de 2001, Glenda Bailey é a responsable desta publicación que se edita en 18 países.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio topolóxico X que realiza o axioma de Hausdorff ou axioma de separación, segundo o que para calquera parella de puntos distintos x, y de X existe un contorno de x e outro de y que son disxuntos. Tamén se denomina espacio separado. Os espacios euclidianos de calquera dimensión son de Hausdorff.
-
PERSOEIRO
Escritor xudeu. Foi presidente da asociación de escritores hebreos e un dos fundadores do Movemento pola Integridade de Israel. Destacan as súas novelas Ha-Yoševet ba-Ganim (O que veu ao xardín, 1942) e Ya’iš (1947-1952), e o drama Be-kez ha-Yamim (Ó final do día, 1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta inglés. Autor de Characters of Shakespeare’s Plays (1817), On Dramatic Literature of the Age of Elizabeth (1820), Table Talk (1821-22) e The Spirit of the Age (1825).
VER O DETALLE DO TERMO