Guimarei, pazo-torre de
Guimarei, pazo-torre de
Construción situada en Guimarei (A Estrada). É un conxunto formado por unha torre de orixe medieval e un pazo do s XVIII. A torre pertenceu a unha fortaleza destruída polos Irmandiños en 1467. Conserva sobre a porta principal dúas inscricións co apelido Villar. O pazo adopta unha planta en forma de U co corpo central máis desenvolvido ca os laterais e cunha soa altura. Destaca a fachada do corpo principal formada por unha porta arquitrabada e cun escudo coa coroa de marqués e coas armas dos Villar, Mosquera e Sarmiento. Sobre el sitúase a cornixa curva a xeito de frontón e rematada con pináculos.