guimbarda

guimbarda

(< fr guimbarde)

s f [MÚS]

Instrumento idiófono en forma de lira que se suxeita cos dentes e se fai soar axitando co dedo unha lingüeta de aceiro, que coa súa vibración xera o son que se pode modular na cavidade bucal.