"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PERSOEIRO

    Funcionario colonial. Enviado a pacificar Perú (1540), foi recoñecido gobernador por Lima e Quito. Revisou os privilexios dos encomendeiros e esforzouse por aplicar as novas leis de Indias de 1542, feito que o enfrontou con aqueles e provocou a revolta de Gonzalo Pizarro. O novo vicerrei, Blasco Núñez de Vela, fixo que o prendesen, pero fuxiu a Panamá (1544) e despois a Castela, onde foi prendido. Rehabilitado logo de tres anos, presidiu o Consello de Indias (1557-1561).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Lleida, Catalunya (1.503 h [2001]). De economía agropecuaria, a industria limítase a algunhas empresas do ramo da construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Licenciado en Teoloxía Sistémica, estudou cinematografía e radiodifusión en Madrid. Foi director do Instituto Teolóxico Lucense e do Secretariado Diocesano de Medios de Comunicación Social, secretario do bispo de Lugo e responsable do Centro de Teoloxía para Segrares (1986-1990). Colaborou en varios xonais e dirixiu diversos programas relixiosos en RNE e COPE, e foi responsable de programación relixiosa en Radio Popular en Lugo. Membro do Instituto Enmanuel Mounier, publicou La solidaridad de Dios ante el sufrimiento humano: en la teología española contemporánea (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor colombiano. Influído por Murillo, pintou naturezas mortas, retratos e sobre todo escenas relixiosas de gran formato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Nas súas obras primaron os escenarios arquitectónicos en detrimento das figuras, empequenecidas e sometidas ao marco. Tocou temas alegóricos (As catro estacións), costumistas (A Alsaciana), paisaxistas (Vista da Graña), relixiosos (A Visitación) ou históricos (A morte de Cómodo).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á palabra.

    2. Que é feito ou expresado de palabra e non por escrito ou por outros medios.

    3. Relativo ou pertencente ao verbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propensión a dar máis importancia, nun razoamento ou á hora da exercitación da memoria, ás palabras e non aos conceptos.

    2. Uso das palabras cunha aparente coherencia pero que oculta unha carencia total da verdadeira significación.

    3. Procedemento de ensino en que se cultiva con preferencia a memoria verbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao verbalismo.

    2. Quen ou que é propenso ao verbalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de verbalizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresar por medio de palabras.

    2. Converter nun verbo ou dar forma ou carácter verbal a unha palabra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha (5.262 h [2001]). Está bañado polo río Gigüela, afluente do Guadiana. Ten industria do azafrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de canais que une o Volga co Mar Báltico e, a través do canal Mar Branco-Mar Báltico, co Mar Branco. Denomináronse tamén sistema de navegación de Marij. A navegación inaugurouse en 1810, pero tras a Segunda Guerra Mundial comezou a construción dun novo canal entre o lago Onega e o río Volga, que se inaugurou en 1964. Ten unha extensión total de 368 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político surafricano. Coñecido como John Vorster, foi ministro de Xustiza (1961-1966) e de Policía (1966). Sucedeu a H. F. Verwoerd como primeiro ministro (1966) e continuou a política de apartheid. En 1978 dimitiu e foi elixido presidente da república, cargo do que dimitiu en 1979 a raíz dun escándalo gobernamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi o principal autor do National Covenant (1638) e actuou de enlace entre os parlamentos inglés e escocés durante a guerra civil inglesa. En 1651 foi comisionado para administrar xustiza en Escocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José María Escrivá de Balaguer y Albás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Escribiu varias comedias e obras costumistas, das que destacan Día de fiesta por la montaña (1654) e Día de fiesta por la tarde (1659).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arpista. Discípulo de Marcel Tournier en París, a súa técnica e musicalidade déronlle fama internacional. Ensinou na Accademia Musicale Chigiana de Siena (1958-1962). Editou música orixinal para arpa de Cabezón, Beethoven e Ribayaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. O seu irmán Ramón de Zubiaurre Aguirrezábal (Garay, Bizkaia 1882-Madrid 1969) tamén foi pintor. Centráronse en temas populares hispánicos, cun estilo realista e arcaico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. A súa arte, dun realismo sólido, elegante e austero, entroncado coa tradición realista hispánica do s XVII, centrouse basicamente na figura, especialmente en temas castizos ibéricos, na “España negra” (La víctima de la fiesta, 1910), e en retratos e algunhas paisaxes, sobre todo de Castela. A súa mitificación dos temas de La Meseta e a súa amizade con moitos dos escritores da Xeración do 98 fan que se considere un dos mellores intérpretes plásticos desta xeración. Destacan tamén os seus retratos de personaxes, situados a miúdo ante a paisaxe que lles era máis próxima como El Dr. Marañón (1919) e Manuel de Falla (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO