Vaca de Castro, Cristóbal
Vaca de Castro, Cristóbal
Funcionario colonial. Enviado a pacificar Perú (1540), foi recoñecido gobernador por Lima e Quito. Revisou os privilexios dos encomendeiros e esforzouse por aplicar as novas leis de Indias de 1542, feito que o enfrontou con aqueles e provocou a revolta de Gonzalo Pizarro. O novo vicerrei, Blasco Núñez de Vela, fixo que o prendesen, pero fuxiu a Panamá (1544) e despois a Castela, onde foi prendido. Rehabilitado logo de tres anos, presidiu o Consello de Indias (1557-1561).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Izagre, León -
Deceso
Lugar : Valladolid