"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • Xornal publicado na Coruña a partir de 1873 que cesou en 1897. De tendencia republicana, cunha orientación democrática e progresista, o seu propietario e director foi Vicente Abad Torregrosa. A partir de 1877 inaugurou unha segunda época baixo o subtítulo de “Diario político, comercial y de intereses materiales”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao temperamento.

    2. Que ten reaccións intensas e alternativas de estado de ánimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de trazos psíquicos e psicolóxicos que determinan o comportamento dunha persoa.

    2. Forma de ser dunha persoa.

    3. Característica da persoa que ten seguridade en si mesma e non se deixa influír polos demais.

    4. Sistema para modificar lixeiramente os intervalos co fin de afinar os instrumentos de sons determinados, especialmente os do teclado. Os dous sistemas máis importantes son o temperamento medio de tres terceiras iguais, e o temperamento igual, baseado na serie de quintas.

      1. Resultante da mestura dos catro humores fundamentais do ser humano cuxa primacía sobre os outros determina as formas temperamentais do sanguíneo, do flegmático, do linfático e do bilioso. Corresponde co concepto de biotipo.

      2. Forma innata, na psicoloxía contemporánea, que experimenta as relacións co medio social ou de resposta. Corresponde aos niveis máis profundos da persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, tradutor e político. Estudou filosofía en Múnic e Dresden, e achegouse aos postulados krausistas. Deputado pola Coruña durante a Segunda República Española, colaborou como crítico literario en La Lectura e El Sol. Traduciu obras da literatura universal e publicou contos e novelas como El loco amor (1921), La esclava del señor (1927) e La ley del pecado (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral ateniense. En 411 colaborou na rebelión oligárquica de Pisandro e Antífonte e formou parte do Consello dos Catrocentos, así como do goberno democrático que depuxo o consello. En 406 participou na batalla naval das Arginusas, e tras a desfeita ateniense en Egospotamos (405), intrigou cos espartanos, negociou a capitulación de Atenas con Lisandro e foi un dos xefes dos trinta tiranos que condenaron a morte os demócratas máis conspicuos. Foi acusado de traizón e condenado a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Teramo, Abruzos, Italia (47.935 h [2001]). Está situada a uns 30 km do Mar Adriático, na confluencia do Vezzola co Tordino. Do seu patrimonio destaca a catedral, do s XII e ampliada no s XIV, e o palacio episcopal, do s XIV e refeito modernamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Abruzos, Italia, (1.950 km2; 282.547 h [2001]). A súa capital é Teramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrej Donatovič Sinjavskij.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico feito por un termógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xacemento prehistórico do norte de Italia, de orixe popular, da época calcolítica, ou eneolítica, e da Idade do Bronce. Son pequenas plataformas que sobresaen da chaira, formadas pola acumulación de vestixios, debido a que existiu un poboado de cabanas durante moito tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome comercial co que se coñece a oxitetraciclina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de catro liñas horizontais e tres espazos que, na escritura tradicional do canto gregoriano, determina a altura dos sons musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase ao que está constituído por catro partes ou membros.

      2. Aplícase aos verticilos florais que teñen catro pezas.

      3. Aplícase ao insecto que ten catro artellos en todos os tarsos.

    1. Polímero formado pola unión de catro monómeros idénticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que se emprega como substancia patrón na espectroscopia de resonancia magnética nuclear (RMN) en medios non acuosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • erso, da métrica clásica, formado por catro grupos de dous pés. Os máis empregados son o anapéstico cataléctico, o iámbico acataléctico e cataléctico e, sobre todo, o trocaico cataléctico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motivo iconográfico que representa o conxunto de catro animais ou viventes que tradicionalmente simbolizan os catro evanxelistas: home (san Mateo), boi (san Lucas), león (san Marcos) e aguia (san Xoán). De orixe oriental, tivo unha gran difusión na arte bizantina e na románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cuadrimotor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que actúa como funxicida de aplicación foliar de amplo espectro de acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de tirar ou estirar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amina bióxena que deriva da tirosina e aumenta a presión sanguínea e estimula a musculatura lisa, como a do útero. Está presente en diversos alimentos como o viño, cervexa, derivados de carne e peixe, chocolate, levadura e, sobre todo, queixo.

    VER O DETALLE DO TERMO