Teramo

Teramo

Capital da provincia de Teramo, Abruzos, Italia (47.935 h [2001]). Está situada a uns 30 km do Mar Adriático, na confluencia do Vezzola co Tordino. Do seu patrimonio destaca a catedral, do s XII e ampliada no s XIV, e o palacio episcopal, do s XIV e refeito modernamente.