"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • (Vyšnij Voločok 1874 - Boston 1951) Director de orquestra ruso e contrabaixista. Despois da revolución de 1917 marchou a París, desde onde procurou a difusión da ópera rusa por Europa. Dirixiu a Boston Symphony Orchestra (1924-1949) e é autor dun concerto para contrabaixo e orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. A súa obra, con puntos de contacto coas escolas nórdica e italiana, pode derivar do caravaggismo. Potenciou o valor dos volumes a través da coordinación da cor e das formas, e deu unidade ás composicións ao conectar os volumes retallados e o seu contorno a través da luz. A súa produción redúcese a temas relixiosos, dos que destaca L’adoration des bergers e Madelaine, e naturalistas profanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Estudiou en Francia e foi expulsado do país polas súas actividades políticas. Refuxiouse en Inglaterra onde coñeceu a Karl Marx e casou coa súa filla. Adheriuse á Primeira Internacional e participou na Comuna de París. Trasladouse a España seguindo as indicacións de Marx e fomentou o movemento socialista español xunto con Paulo Iglesias. En 1882 volveu a Francia e fundou o Partido Obreiro Francés con Guesdes (1885). Deputado (1885-1893), foi un dos fundadores da Segunda Internacional (1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Ateo, cientista e misóxino, as súas obras case que tocan o decadentismo matizado pola ironía, como se reflicte en Les complaintes (1885), L’imitation de Nôtre-Dame la Lune (1886), Des fleurs de bonne volonté (1890) e Moralités légendaires (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado whig radical (1813-1832), despois da rebelión de Canadá (1837-1838) foi designado alto comisionado e gobernador xeneral. Defendeu a unión do Alto Canadá e o Baixo Canadá, así como a formación de gobernos responsables e representativos nas colonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Foi profesor na Universidade de Bonn. Xudeu de raza e luterano de relixión, refuxiouse en Barcelona fuxindo dos nazis e co estalido da Guerra Civil Española pasou a París, onde formou parte do grupo de personalistas cristiáns representados por E. Mounier e a revista Esprit. Escribiu Einführung in die philosophische Anthropologie (Introdución á antropoloxía filosófica, 1934) e Die Erfahrung des Todes (A experiencia da morte, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo e político lituano. Editou as biografías dos máis recentes compositores de Lituania. Aproveitando a perestrojka de Mikhail Gorbačov, nas primeiras eleccións libres, foi elixido o 11 de marzo de 1990, novo presidente da república. Esta, segundo decisión do mesmo parlamento, deixou de ser o mesmo día a República Socialista de Lituania, para ser a República de Lituania. Este mesmo ano, Landsbergis esixiu que saíse do seu país o exército soviético, considerado un exército de ocupación. O referendo de 9 de febreiro de 1991 foi decididamente favorable á independencia. En outubro de 1992, nas primeiras eleccións despois da independencia, foi derrotado polo Partido Laborista Democrático de Algirdas Brazauskas. En 1994 recibiu o premio Ramon Llull e en 1996, o seu partido, Unión da Patria, venceu o Partido Democrático do Traballo, dirixido por M. Stankevicius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de canón especial destinado a lanzar cargas submarinas a certa distancia do buque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de largar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ocupa unha extensión moi ampla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de botar a rede ao mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se ocupa de largar a rede ao mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘longo, outo, grande ou moito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extensión dun espacio.

    2. Espacio amplo que se ten nunha casa ou nun terreo.

    3. Tardanza na execución dalgunha cousa.

    4. Confianza que se dá para obrar con liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soltar un cabo ou as amarras dun barco.

    2. Botar as redes ao mar.

    3. Irse dun sitio precipitadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento musical lento pero máis rápido ca o largo.

    2. Fragmento escrito neste movemento e que pode constituír o segundo tempo dunha sonata ou sinfonía en lugar dun largo ou dun adaxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado con Peter Lely, foi retratista da burguesía intelectual. Das súas obras destacan Retrato de Le Brun (1686), La familia del pintor e Exvoto a santa Xenoveva, retrato colectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte (501 m alt) situado na parroquia de Barreiro (Antas de Ulla).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha largura considerable.

    2. Que non se axusta e queda folgado.

      1. A menor das dimensións dunha superficie, en oposición á lonxitude.

      2. A dimensión horizontal dun plano situado en posición vertical, en oposición á altura.

      3. A menor das dúas dimensións horizontais nun corpo tridimensional.

    3. Diámetro dun oco ou dun obxecto cilíndrico.

      1. Anchura dunha banda de enerxía. Nun espectro de frecuencias, diferenza entre o límite superior e o inferior dunha banda.

      2. largo dun nivel de enerxía

        Indeterminación do nivel de enerxía.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e sindicalista. Obreiro estucador, ingresou en UGT en 1890 e no PSOE en 1894. Formou parte das súas directivas desde 1914 e 1915, respectivamente. Membro do comité de folga de 1917, foi condenado a trinta anos de prisión, pero ao ser elixido deputado por Barcelona en 1918, foi amnistiado. Colaborou brevemente coa Ditadura de Primo de Rivera (1924) e foi ministro de Traballo na Segunda República (1931-1933). Elixido presidente do PSOE (1932-1935) liderou a á esquerda do partido e das Xuventudes Socialistas, e propugnou unha política revolucionaria de fronte obreira. Non conseguiu desbancar a I. Prieto e aos socialistas moderados da dirección do partido, pero conservou o predominio na UGT. Elixido deputado en febreiro de 1936, tralo comezo da Guerra Civil foi xefe dun goberno de Frente Popular desde setembro dese ano e reservouse o ministerio da Guerra. Despois dos sucesos de maio de 1937 en Barcelona dimitiu e exiliouse en Francia trala guerra. Apresado polo goberno de Vichy foi...

    VER O DETALLE DO TERMO