"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Pintor e caricaturista. Fundou a revista Os Conxuros e traballou como ilustrador e caricaturista en varias publicacións. Nas súas obras, de técnicas diversas, cultivou a abstracción. Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas e da súa produción destacan Sen título (2000) e Casa perfecta (2001). Recibiu o V premio de pintura da Bienal Eixo Atlántico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de teatro. Estudou interpretación e dirección de escena con William Layton e Miguel Narros, e posteriormente en Nova York con Stella Adler e Sandford Meinsner. Debutou como director en 1965 en El proceso de la sombra de un burro, de F. Dürrenmatt, obra pola que a compañía recibiu o Premio Nacional de Teatro (1966). Fundador do Teatro Experimental Independiente (T.E.I.) (1965 e 1977) e, con W. Layton e M. Narros, do Teatro Estable Castellano (T.E.C.) (1977 e 1988), foi director do Centro Dramático Nacional (1989-1994). Dirixiu máis de 50 montaxes teatrais, das que destacan Cándido, de Voltaire; La casa de Bernarda Alba, de Lorca, e Divinas palabras, de Valle-Inclán. Recibiu o Premio Nacional de Teatro (1967, 1970 e 1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sudafricano. Formado en Inglaterra, regresou ao seu país de orixe despois da Primeira Guerra Mundial. Cultivou diversos xéneros, como a novela, as pequenas narracións, a poesía, os libros de memorias e mesmo libretos de ópera. Mostrouse crítico e satírico coa sociedade, tanto na súa primeira novela Turbott Wolfe (1925), como en The Case is Altered (1932) e The Invaders (1934), ou nas escolmas de poemas Collected Poems (1961) e Message in Code (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Doutorado pola University of Manchester, foi un pioneiro no estudo da dinámica das reaccións químicas e desenvolveu a técnica da quimioluminescencia de infravermellos que constituíu o primeiro paso cara á utilización do láser para controlar as reaccións químicas. Concedéuselle a medalla da Royal Society de Londres (1989) e o Premio Nobel de Química (1986), compartido con D. R. Herschbach e Y. T. Lee, por desenvolver unha serie de regras sobre a dinámica das reaccións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Capelán e escritor. Coñecido como o padre Polo, foi autor dunha farsa en tres actos (El gran idiota, 1955) e do libro Galicia en sus hombres de hoy (1971), en que incluíu entrevistas realizadas a artistas, escritores e políticos da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor cinematográfico italiano. Ao longo da súa extensa carreira traballou con realizadores tan significativos como F. Fellini, J.-L. Godard ou D. Lean. Moitas das súas producións conseguiron o máximo galardón da Academia de Hollywood, ademais de premios nos festivais máis prestixiosos do mundo. Das súas producións destacan Roma città aperta (1945), Fratelli d’Italia (1952), La strada (1954), Un americano a Roma (1954), La Ciociara (1960), Matrimonio all’italiana (1964), Dr Zhivago (1965), Diamonds for Breakfast (1968) e The Passenger (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Opúxose ao psicoloxismo, ao historicismo e ao indutivismo baconiano e, fronte ao criterio empirista de verificación, propuxo o método da falsabilidade, exposto por primeira vez en Locking der Forschung (Lóxica da investigación, 1934). Posteriormente publicou Conjetures and refutations (1963), onde moderou o rigor do criterio de falsabilidade, e Objective Knowledge (1972). No campo das ciencias sociais combateu as teorías sociais de filósofos como Platón, Hegel e Marx, sobre todo en The Open Society and Its Enemies (1945) e The Poverty of Historicism (1957). Tamén escribiu Unended Quest (1976), The Self and Its Brain (1977), en colaboración co biólogo J. C. Eccles, Postscript to the Logic of Scientific Discovery (1982) e A World of Propensities (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade sen ánimo de lucro con sede na Coruña, fundada en 1983 como asociación. En 1987 constituíuse como fundación e, ao ano seguinte, foi declarada Cultural e de Interese Galego pola Xunta de Galicia. Entre os seus obxectivos destaca a protección e o fomento das ideas de liberdade e tolerancia, o respecto aos dereitos humanos e o apoio ao progreso de Galicia en todos os campos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Díaz Porlier.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxura liberal dirixida, na noite do 18 ao 19 de setembro de 1815, polo mariscal de campo, Juan Díaz Porlier. Tiña como obxectivo restaurar a orde constitucional que daría a España as liberdades políticas. O corpo militar estaba de acordo, menos o capitán xeneral de Galicia, Filipe Saint March, que foi encarcerado. O pronunciamento foi xestado no balneario de Arteixo, onde descansaba por motivos de saúde. Na cidade da Coruña foi un éxito pero desde Santiago de Compostela, cidade cara á que se dirixiu para continualo, as institucións militares, civís e eclesiásticas organizaron a contraofensiva. O día 21, Porlier, traizoado por parte das súas tropas, foi detido no lugar de Merelle, preto de Ordes, e encarcerado en Santiago de Compostela. Foi trasladado á Coruña e permaneceu no Cárcere Real ata que foi condenado a morte e aforcado o 3 de outubro de 1815.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bisagra de forma cilíndrica que está suxeita á parede ou ao marco e sobre a que xira a porta ou ventá.
-
GALICIA
Ilustrador e guionista de cómic. Subdirector da mostra Viñetas desde o Atlántico e fundador do fanzine Interlínea (1983), promoveu en Radio ECCA o programa Arte Alfa, dedicado ao mundo da ilustración, e colaborou no Xabarín Club da TVG como Doutor TNT. Autor da serie “Os heresiarcas”, con debuxos de Das Pastoras, editada en Centroeuropa e EE UU, publicou algúns dos seus traballos en Atlántico Diario, Frente Comixario, Krazy Comics, El País e Totem, e a serie “O labirinto de pedra” (1995-2000) na revista Compostelán. Recibiu o premio ao mellor autor afeccionado (1991) da Casa da Xuventude de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro técnico. Director provincial da Coruña (1986-1988) e director territorial de Galicia (1988-1996) do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, escribiu, ademais de artigos en prensa especializada, Contribución do pasto e do penso á produción leiteira en Galicia (1983). Recibiu a Encomienda de la Orden del Mérito Agrario (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia artística desenvolvida desde 1950 en EE UU, xurdida como reacción ao expresionismo abstracto. Caracterizouse polo reducionismo e a especificidade no medio pitórico. Carente de narratividade, rexeitaba calquera forma de subxectividade e elixiu a forma e a cor como principais elementos de expresión. O termo foi cuñado polo crítico estadounidense Clement Greenberg, para dar título a unha exposición celebrada en 1964 en Los Angeles County Museum. Algúns dos seus representantes foron F. Stella ou K. Noland.
-
PERSOEIRO
Médico. Foi profesor de patoloxía e da Faculté de París, a partir de 1876. Estudou o aparello circulatorio e en 1889 ideou o esfigmomanómetro. Publicou Des lesions des ganglions lymphatiques viscéraux (1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista de jazz. Coñecido como Bud Powell, participou nos inicios do be-bop. Na década de 1950 trasladouse a Europa. No seu estilo baseáronse numerosos pianistas de jazz.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e escritor. Colaborador de revistas como La Estafeta Literaria, Garcilaso, Juventud e Poesía Española, escribiu Del viento verdecido (1953) e Himno de amor misericordia (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián. Fundou o Institut Orthopédique de Lyon e en 1853 inventou a xiringa que leva o seu nome, para inxeccións hipodérmicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago ártico de Canadá, situado no Territorio do Noroeste, ao O de Terra de Baffin e na Foxe Basin.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización pacifista xurdida en 1957 a partir dunha xuntanza convocada en Pugwash (Canadá), onde se reuniron 22 científicos internacionais preocupados pola paz. Estableceuse como o único canal de comunicación entre os dous bloques formados durante Guerra Fría, en materia de ameaza nuclear, desarme e seguridade global. Malia as profundas discrepancias políticas e ideolóxicas dos participantes, o seu éxito deu lugar a varias comisións permanentes de traballo. Desenvolve as súas accións en cuestións de seguridade mundial relacionadas con problemas de desenvolvemento e medio ambiente. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1995) xunto co presidente do seu consello, Joseph Rotblat.