Pugwash Conferences on Science and World Affaires
Pugwash Conferences on Science and World Affaires
Nome científico:
[Conferencias Pugwash sobre Ciencia e Asuntos Mundiais]
Organización pacifista xurdida en 1957 a partir dunha xuntanza convocada en Pugwash (Canadá), onde se reuniron 22 científicos internacionais preocupados pola paz. Estableceuse como o único canal de comunicación entre os dous bloques formados durante Guerra Fría, en materia de ameaza nuclear, desarme e seguridade global. Malia as profundas discrepancias políticas e ideolóxicas dos participantes, o seu éxito deu lugar a varias comisións permanentes de traballo. Desenvolve as súas accións en cuestións de seguridade mundial relacionadas con problemas de desenvolvemento e medio ambiente. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1995) xunto co presidente do seu consello, Joseph Rotblat.