"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou para teatro Huesped, reo y verdugo (Premio da Comedia Moderna 1908), Un ideal que sucumbe, Heroicidad, El Dos de Mayo e Entre amigos; e as novelas Fantasía, El Marqués de Vilmar, Trinidad Augusta e Memorias de un ministro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Distinguiuse pola súa poesía esteticista e polo compromiso político. Foi teórico marxista, de tendencia esquemática e doutrinaria. Publicou Mei (1889) e Pan (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista alemán. Na súa obra Evolución das leis do intercambio humano (1854), formulou as leis fundamentais da utilidade marxinal, denominadas “leis de Gossen”, sobre a saturación progresiva das satisfaccións e necesidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en San Petersburgo. Creado para gardar as coleccións de Catarina II, o seu nome procede dun pequeno pavillón construído no Palacio de Inverno, o pequeno Èrmitaž, e en 1787 incorporouse a un novo edificio, o vello Èrmitaž. Tralo incendio de 1837 do Palacio de Inverno, reconstruíuse e abriuse ao público en 1852. En 2000 levou a cabo un proceso de expansión que propiciou a instalación de salas permanentes na Somerset House de Londres e a creación do Museo Guggenheim- Èrmitaž en Las Vegas. Os fondos divídense nas seccións de cultura primitiva, cultura dos países do Próximo e Extremo Oriente, cultura grecorromana, cultura eslava, arte occidental e numismática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Burkina Faso (26.613 km2; 221.956 h [estim 1997]). A capital é Fada-N’Gourma (20.414 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Representante do simbolismo, colaborou co Mercure de France. Da súa produción destacan Le latin mystique (1892), Les chevaux de Diomède (1897), Le problème du style (1902), La physique de l’amour (1903) e Un cœur virginal (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dados n vectores, x1,..., xn, dun espazo vectorial dado, dun produto escalar <,>, determinante da matriz de Gram destes vectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se parece ás gramíneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de gran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, no límite SL da comunidade autónoma (2.492 h [2001]). Destaca a agricultura e a gandería, ademais dos xacementos de chumbo. De orixe musulmana, pertenceu á orde de Santiago ata que en 1404 pasou á xurisdición de Azuaga, baixo a que permaneceu ata 1565, cando Filipe II lle outorgou o título de vila. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora de la Concepción, coa torre gótico-mudéxar, declarada Ben de Interese Cultural en 1932, a ermida da Magdalena (s XVI) e a fachada mudéxar da Biblioteca Municipal (ss XV-XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten estrutura granular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e lingüista alemán. Foi o iniciador da análise vectorial e autor de Die Wissenschaft der extensiven Grössen oder die Ausdehnungslehre (A ciencia das magnitudes extensivas ou a teoría da extensión, 1844); e, como lingüista, de Wöterbuch zum Rig--Veda (Dicionario de Rig-Veda, 1873) e Rig-Veda. Übersetzt und mit Kritischen Anmerkungen verschen (Tradución do Rig-Veda, 1876-1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Norfolk, Inglaterra, Reino Unido (48.273 h [1981]). É o principal porto inglés da pesca da sardiña, no esteiro do Breydon Water. Do seu patrimonio cultural destaca o edificio do Town Hall (1261-1400).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fórmula de Green-Riemann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula de interconversión dunha integral dobre e dunha integral curvilínea. Tamén recibe o nome de fórmula de Green.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás gruiformes.

    2. Ave da orde das gruiformes.

    3. Orde de aves de pescozo longo e esvelto, patas longas, peteiro longo e forte coas aberturas nasais situadas na metade deste. Comprende moitas familias de aves entre elas a das grúas típicas, as galiñas de auga, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Armando López Guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou Xuncos (1968) e O libro dos soños (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Integrouse no impresionismo baixo a influencia de Pisarro e participou na maioría das exposicións do movemento. Influíu sobre P. Gaugin e V. van Gogh. Pintou mariñas e temas industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Toulouse e de Poitiers. Foi defensor dun antipapa pero, convencido por Bernaldo de Claraval, fíxose eremita e peregrinou a Roma, Xerusalén e Santiago de Compostela, onde morreu (1138). A tradición teno identificado con don Gaiferos de Mormaltán. Na iconografía pode representarse imberbe ou barbado, vestido como cabaleiro ou como eremita, e leva como atributos un helmo, unha cota de malla, o manto negro dos guillermitas, escudo e lanza. A súa festividade celébrase o 10 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO