Granja de Torrehermosa
Granja de Torrehermosa
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, no límite SL da comunidade autónoma (2.492 h [2001]). Destaca a agricultura e a gandería, ademais dos xacementos de chumbo. De orixe musulmana, pertenceu á orde de Santiago ata que en 1404 pasou á xurisdición de Azuaga, baixo a que permaneceu ata 1565, cando Filipe II lle outorgou o título de vila. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora de la Concepción, coa torre gótico-mudéxar, declarada Ben de Interese Cultural en 1932, a ermida da Magdalena (s XVI) e a fachada mudéxar da Biblioteca Municipal (ss XV-XVI).