"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • Liñaxe galega que trae por armas, en campo de azul, unha espada de ouro, fixada e acompañada de seis besantes do mesmo, colocados en pau, tres en cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Profesor desde 1940 na Universidade de Santiago de Compostela, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915), e maxistrado de Audiencia desde 1933. Deputado pola Coruña como independente en 1921 e polo Partido Republicano Conservador en 1933, foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular do NO de Europa, situado no Océano Atlántico (242.910 km2; 58.789.000 [2001]). Comprende a illa de Gran Bretaña, formada por Inglaterra, Escocia e Gales; Irlanda do Norte e as illas Shetland, Hébridas, Orcadas e as do SO de Escocia. A illa de Gran Bretaña está bañada ao N e ao SO polo Océano Atlántico, ao O polo mar de Irlanda, ao S polo canal da Mancha e ao L polo mar do Norte. Irlanda do Norte limita ao O e ao S coa República de Irlanda. A súa capital é Londres. A illa de Man e as illas Anglonormandas son dependencias da coroa británica pero non pertencen ao Reino Unido. Exerce a soberanía en Anguila, as Bermudas, as illas Caimán, as Malvinas, Montserrat, as illas Pitcairn e as súas dependencias, Saint Helena e as súas dependencias, o Territorio Antártico Británico, o Territorio Británico do Océano índico, as illas Turks e Caicos, as illas Virxes Británicas, Xeorxia do Sur e as illas Sandwich do Sur e Xibraltar.
    Xeografía física...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado preto do pantano do Ebro (10.694 h [2001]). A súa economía baséase na gandaría e na industria metalúrxica e mecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e enxeñeiro. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, foi director do área de estudos, traballos e recursos de Fenosa (1981), director xeral de Unión Eléctrica Fenosa (1983-1989), conselleiro delegado de Unión Eléctrica Española (1989-2002) e presidente do consello de administración de Unión Fenosa (2002). Tamén foi conselleiro de Gibbs and Hill Española, Compañía Española de Industrias Electroquímicas, Electra Conquense, Norcontrol e vicepresidente de Begasa. Escribiu, en colaboración co fotógrafo Xosé Luís Suárez Canal, O Viño (1993). Recibiu o título de doutor honoris causa pola Universidade de Vigo (1997) e o de comendador da Real Orde do Mérito Civil de Noruega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Canedo (Ourense). Construída no s XVIII, ten planta rectangular con dous andares e un patio interior, con escaleira e solaina, e conta cun corpo engadido ao SO. Os seus escudos, que aluden aos Reinoso, atópanse na casa de Coto Martín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de reinserir ou reinserirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Levar a cabo as accións necesarias para incorporar alguén de novo á sociedade.

    2. Incorporarse alguén de novo á sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de reinstalar ou de reinstalarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olver(se) instalar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olver instaurar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • reintegrable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode reintegrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reintegrar ou de reintegrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente de codificación da lingua galega que defende a recuperación e o uso da escrita histórica do galego, a escrita galego-portuguesa -a mesma que emprega o luso-brasileiro na actualidade-, porque considera que o galego e o portugués son a mesma lingua e, consecuentemente, variantes dun mesmo diasistema. Polo tanto, seguindo estes criterios, a lingua que se fala en Galicia tamén se fala en Portugal, Brasil, diversos países africanos e Timor Oriental. Dentro do reintegracionismo pódense distinguir dúas correntes: unha partidaria de acollerse sen límites á norma portuguesa (a mesma ortografía ca o portugués e practicamente a coincidencia total nos outros aspectos; sería a postura que defende, por exemplo, a Associação Cultural de Língua, Literatura e Cultura Lusófonas-Irmandades da Fala da Galiza e Portugal) e outra partidaria dun achegamento máis moderado ao portugués. A proposta máis radical foi definida por Manuel Rodrigues Lapa que consideraba o galego como un dialecto rústico que...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao reintegracionismo.

    2. Seguidor ou partidario do reintegracionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Devolver unha cousa ao completo.

    2. olver poñer a alguén en posesión de algo que perdera ou do que fora privado.

    3. Reocupar un traballo ou calquera outra actividade que se deixara temporalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de reintegrar ou reintegrarse.

    2. Premio da lotaría que equivale á cantidade xogada.

    3. Devolución que se fai ao tesouro público de cantidades pagadas por el ou devolución que realiza o tesouro público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incorporación dos fondos dun proxecto de investimento no mesmo proxecto ou noutro distinto. Destacan os reinvestimentos normais, que constitúen a razón de ser dos bancos, e os de tesouraría, que resultan da inversión do saldo diario da tesouraría das axencias e dos servizos dos bancos pola necesidade de non manter capitais improdutivos.

    VER O DETALLE DO TERMO