"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Agrupación artística creada en 1943 na Coruña por Luís Iglesias de Souza. Desenvolveu un amplo labor de difusión teatral con moi diversas iniciativas, desde o teatro radiofónico ata as lecturas dramatizadas, actividade que levaron a cabo nas Veladas de Invierno, nas que presentaban autores clásicos e contemporáneos, fundamentalmente da literatura castelá. Tamén realizaron espectáculos a partir de autos sacramentais e textos de autores clásicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen forma parte da farándula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea vello e gastado.

    2. Peza de roupa vella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago coralino do sector meridional do Mar Vermello, baixo a soberanía de Arabia Saudí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Sarria. baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Chairas de Fardán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santo Estevo de Tremoedo (Vilagarcía de Arousa). En estado ruinoso, pertenceu a unha fortaleza vinculada co pazo de Figueroa. Ten pedra de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘mentireiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen farfalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado cristián ao servizo dos musulmáns. Orixinalmente, o termo designou as familias cristiás de orixe hispánica que se estableceron no N de África, fundamentalmente en Marrocos, dende o s VIII. Os seus descendentes volveron a Castela a partir do s XIV para instalarse definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fanfurriñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Guionista e profesional da radio e televisión, destacou como autor de literatura para adultos e tamén no eido da literatura infantil. Publicou, entre outros libros, Puente de cáñamo (1962), El hombre pervertido (1975), Años difíciles (1983), El barco de los peregrinos (1984), El estanque de las libélulas (1987), Los apuros de un dibujante de historietas (1988), Desde el corazón de la manzana (1989), Carmela (1992), Cando Arturo escapou da casa (1993), Á sombra do mestre (1996), A pousada do sétimo día (1998) e Os camiños da Lúa (2000). Recibiu o Premio Nacional de Guións en 1973 e o Premio Nacional de Literatura Infantil en 1980 por Algunos niños, tres perros y más cosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Dirixiu escavacións arqueolóxicas en diversos puntos de Galicia. Colaborou, entre outras publicacións, en Boletín Auriense, Cuadernos de Estudios Gallegos, Grial e El Museo de Pontevedra. Foi autor de obras como Estudios de numismática romana (1973), Pazos, torres e curral do Bispo de Ourense (1994) e Xesús Ferro Couselo: ensinante, galeguista, arqueólogo, erudito, investigador, o protector do noso patrimonio cultural (1996); e coautor, entre outros, de Museo Arqueolóxico, Ourense (1995) e O convento de San Francisco de Ourense (2000). Membro do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Cultivou a poesía e o xénero dramático, e colaborou en publicacións da época como Lar ou Terra con títulos como “Ilusión”, “Pétalos líricos” ou ”Vida truncada”. Da súa produción destacan Cadencias (1922), Hosanna: bajo el cielo porteño (1931), Por España y para España! El libro del combatiente. (1937), Seara (1924), Margarida a malfadada e O soldado froita e outros diálogos e monólogos. No eido da literatura dramática é autora do drama Margarida a malfadada, do diálogo cómico O soldado Froita e outros diálogos e monólogos e da zarzuela en tres actos O avarento, con música de José Jané.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e profesor. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Valladolid, e en Políticas e Económicas, pola de Madrid. Doutorouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela co estudo “La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los sacramentos del Bautismo, Penitencia, Eucaristía y Matrimonio”. Foi funcionario do Corpo Técnico da Administración do Estado e do Corpo Técnico do Instituto Nacional de Previsión de Pontevedra, ademais de profesor de ensino medio en Ferrol, Pontevedra e Ourense, e maxistrado de traballo en Pontevedra. En 1934 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. É autor de numerosos traballos de investigación, como “Notas sobre motivos ornamentales visigóticos: El ladrillo con relieves”, “Los normandos en Galicia” ou “El Monasterio de Montederramo: estudo histótico-artístico”. Escribiu O libro da heráldica galega (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Traballou a pintura figurativa e a paisaxe ao óleo e o acrílico sobre tea. Realizou exposicións en diversas cidades galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e comerciante. Estableceuse en Colonia en 1709 e dedicouse á fabricación e venda dunha auga perfumada que se coñece co nome de auga de Colonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e xesuíta italiano. Ordenado sacerdote en 1722, foi destinado a Padua para traballar xunto ao padre Filippo Riceputi. Foi autor, xunto con F. Riceputi, de Ilyricum Sacrum (Ilírica Sacra, 1751).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviador francés. Destacado piloto automobilista e motociclista, iniciouse na aviación en 1907. En 1908, cun avión Voisin, realizou o primeiro voo en Europa nun circuíto pechado de 1 km (Issy-les-Moulineaux) e o primeiro voo entre dúas cidades (Bouey-Reims). Co seu irmán Maurice fundou unha compañía de construción aeronáutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Constructor aeronáutico francés. Iniciado no automobilismo, cara 1910 deseñou un biplano co que Eugène Renaux aterrou no cumio do Puy-de-Dôme. Durante a Primeira Guerra Mundial equipou cos seus aparellos á aviación francesa. Despois asociouse co seu irmán Henri.

    VER O DETALLE DO TERMO