Farándula, La
Farándula, La
Agrupación artística creada en 1943 na Coruña por Luís Iglesias de Souza. Desenvolveu un amplo labor de difusión teatral con moi diversas iniciativas, desde o teatro radiofónico ata as lecturas dramatizadas, actividade que levaron a cabo nas Veladas de Invierno, nas que presentaban autores clásicos e contemporáneos, fundamentalmente da literatura castelá. Tamén realizaron espectáculos a partir de autos sacramentais e textos de autores clásicos.