faraón

faraón

(

s m [HIST]

Nome que orixinalmente significaba ‘casa grande ou palacio’ e que se empregou como título honorífico do rei no Antigo Exipto. Converteuse no principal dos títulos dos soberanos exipcios ata o Imperio Medio. Posteriormente, empregouse como sinónimo de soberano xunto con outros termos. Considerado un deus vivo, durante a súa vida identificábase con Horus ou ás veces con Ra, deus do sol, e trala súa morte con Osiris, o deus dos mortos. Posuía a autoridade suprema sobre a administración, o exército e a relixión, e tiña a obriga de ditar leis que mantivesen a orde e a harmonía entre as terras de Exipto. Como sacerdote supremo intercedía fronte aos deuses en favor do seu pobo, cumprindo os ritos apropiados e realizando as ofrendas requiridas.

Palabras veciñas

Farándula, La | faranduleiro -ra | farangallo | faraón | faraónico -ca | Faras | Farasān