"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Duque de Parma e Piacenza (1586-1592). Coñecido como O Gran Capitán, estivo ao servizo da Coroa de Castela. Combateu na Batalla de Lepanto (1571) e foi lugartenente xeral de Catalunya (1576-1577). En 1577 dirixiu os tercios italianos que, trala Batalla de Gembloux (1578), recuperaron as provincias católicas do S dos Países Baixos. Antes de morrer, Xoán de Austria nomeouno capitán do exército e gobernador dos Países Baixos (1578-1582), cargo que lle confirmou Filipe II. Tentou reunir as provincias valonas e en 1579 ocupou Maastricht e asinou a Unión de Arras (1579), na que se deu validez ao Edito Perpetuo e se decidiu a saída dos tercios casteláns de Flandres. O enfrontamento coas provincias do N, a Unión de Utrecht, produciuse trala proclamación do duque de Anjou como gobernador de Flandres (1581) e obrigouno a abandonar o sitio de Cambrai (1581) e asediar Anveres, que non capitulou ata 1585. En 1590, Filipe II enviouno a Francia para prestar axuda á Liga Católica no asedio de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico bilingüe da escola da Cañiza publicado entre os anos 1934 e 1935. Seguiu as directrices da revista Endavant, que editaba a escola Plana Redonda de Barcelona. Nel difundíanse as técnicas do pedagogo occitano Célestin Freinet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político arxentino. Participou no golpe de estado que derrubou o presidente Castillo e foi nomeado ministro da Guerra en xuño de 1934 e vicepresidente do goberno en outubro. Ocupou a Presidencia da República entre 1944 e 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, mosaicista e deseñador de vidreiras. Formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando, onde foi profesor. Relacionouse cos membros de El Paso e dedicouse á arte non figurativa; empregou a miúdo a colaxe e incorporou o relevo nas súas composicións. Entre as súas obras destacan a decoración mural dos aeroportos de El Prat (Barcelona, 1967) e Madrid-Barajas (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se dedicaba profesionalmente a representar farsas.

    2. Que ou quen finxe sentimentos, opinións ou accións que pretende facer pasar por verdadeiras para enganar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Brindisi, situada na Puglia, Italia (38.737 h [1991]). É un destacado mercado agrícola. De orixe medieval, foi posesión do cabaleiro de Rodi. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o templo bizantino de Seppanibale e as igrexas barrocas do Purgatorio e San Francesco da Paola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Estudiou no Conservatorio de Roma e foi director do Conservatorio Cagliari. En 1948 fundou en Roma o Collegium Musicum Italicum, e posteriormente, a orquestra I Virtuosi di Roma. Difundiu o repertorio italiano do s XVIII e especializouse na obra de A. Vivaldi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica coa que se coñece todo o que se aproveita do millo, fabas, centeo, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Despois de traballar en diferentes cortes alemanas foi Kapellmeister en Zerbst. A súa obra incluíu sinfonías, sonatas, concertos, cantatas e obras sacras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fascina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é de tendencia fascista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fasiánidos.

    2. Ave da familia dos fasiánidos.

    3. Familia de aves, da orde das galiformes, á que pertencen os paspallás, as perdices e os faisáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Hispanista alemán. Instituíu dous premios que outorgan anualmente a Academia Española e os Jocs Florals de Barcelona. Da súa produción destaca Ramillete de romances españoles (1866) e Katalanische Troubadoure der Gegenwart (Poetas cataláns de hoxe, 1890). Foi membro correspondente da Academia de la Historia e da Academia de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crónica composta entre 1087 e 1106 por un autor anónimo hispanoárabe. A crónica, que conta a historia da conquista de Al-Andalus, escribiuse utilizando as obras de al-Rāzī e Ibn Hayyān e traduciuse ao castelán en 1889.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa fatiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador italiano. Formouse na Accademia de Florencia (1846), da que foi profesor dende 1886 e na que fomentou o estilo persoal de cada un dos seus alumnos. Participou nos movementos independentistas de 1848 e 1849, e afeccionouse ás obras de temática militar, entre outras, Il campo italiano dopo la bataglia di Magenta (O campo italiano despois da batalla de Magenta, 1861). Centrouse no estudo da realidade, concretado na escola dos macchiaioli florentinos, e dende 1861 evolucionou cara á simplificación da forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo francés. Profesor en París, nos xardíns reais e no museo de Historia Natural, foi un dos primeiros especialistas en vulcanismo. Ten como obras fundamentais a Histoire Naturelle de la Province de Dauphiné (1781) e o Essai de Géologie (1803).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés. Membro do Parlamento de Irlanda do Norte desde 1949, ocupou diversas carteiras ministeriais: Interior (1959-1963), Comercio (1963-1969), e foi elixido primeiro ministro en 1971. Partidario do poder compartido entre protestantes e católicos, fracasou no intento de crear un Parlamento moderado e unionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado desde 1881, foi nomeado subsecretario de Estado para as Colonias (1882-1885), ministro de Mariña (1894) e elixido presidente da República desde 1894. O seu goberno estivo marcado polo asunto Dreyfus e polo fortalecemento da alianza franco-rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz romana, filla de Annio Vero. Casou co Emperador Antonino Pío e trala súa morte rendéuselle culto como deusa. Dedicóuselle un templo no Foro de Roma xunto co seu esposo.

    VER O DETALLE DO TERMO