Fasano

Fasano

Cidade da provincia de Brindisi, situada na Puglia, Italia (38.737 h [1991]). É un destacado mercado agrícola. De orixe medieval, foi posesión do cabaleiro de Rodi. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o templo bizantino de Seppanibale e as igrexas barrocas do Purgatorio e San Francesco da Paola.