"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Título concedido o 12 de febreiro de 1647 por Filipe IV a Gonzalo de Valladares Sarmiento e Andrade o Mozo, señor da vila de Fefiñáns e cabaleiro da orde de Alcántara. Posteriormente, pasou á casa dos Valadares, Pardo de Figueroa, Losada e Casani. Leva as armas dos Valadares: escudo axadrezado, de ouro e azul, e no timbre, a coroa de vizconde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Doutorouse na Universidade de Heidelberg (1837), foi profesor na Polytechnische Schule de Stuttgart e vicepresidente da Deutsche Chemische Gesellschaft. Investigou no campo da química industrial, principalmente sobre sales e derivados do ácido benzoico. Descubriu a reacción e o reactivo que levan o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse con Ghirlandaio e na Accademia del Disegno e traballou con G. Vasari. Cultivou a pintura relixiosa. Destaca, entre outras obras, A flaxelación da igrexa da Santa Croce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Cabaleiro da orde de Santiago. Participou na expedición de L. Fajardo a Tunisia en 1609, na expulsión dos mouriscos do Reino de València (1610), na toma e fortificación de Zamora (1615) e na recuperación da vila brasileira de Todos os Santos (1623). En 1633 pasou á Escuadra Galega como capitán gobernador e en 1637 enviárono a Flandres, onde caeu prisioneiro trala Batalla de Dunas. Segundo M. Murguía foi o autor de El sargento embarcado (1619), Carta dando noticia de la pérdida de los navíos de Dunquerque (1639) e Carta aprobando la armadilla de barlovento (1604).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, irmán de Bieito Xerome Feijoo. Seguiu a carreira militar. Autor de varias composicións, no cancioneiro Sagradas flores del Parnaso (1723) recóllese un poema en galego da súa autoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciouse en Leis na Universidade de Santiago de Compostela (1828). Traballou para a Administración desde 1836 como subdelegado de Rendas e como secretario da Deputación de Ourense (1839). Foi elixido deputado polo Partido Moderado para a provincia de Ourense entre 1837-1841 e 1851-1854. Foi gobernador civil da provincia en 1843 e maxistrado da sala terceira da Audiencia de Valladolid en 1854.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e político. Marchou para Cuba en 1844, onde posuía unha empresa azucreira familiar. Retornou en 1854 ao acadar representación como deputado pola provincia de Ourense. No Congreso defendeu o seu proxecto, que favorecía a inmigración de galegos en Cuba, da que pretendía o monopolio do goberno. No ano 1854 trasladou á illa a 1.742 persoas, a maioría galegos; malia todo, o seu proxecto fracasou debido á oposición dos encargados cubanos das estancias ao seu monopolio e ao mal trato recibido polos emigrados. Foi autor das obras Isla de Cuba (1852), sobre cuestións militares e económicas, e Inmigración de trabajadores españoles (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Musicólogo. Franciscano, estudiou nos seminarios de Herbón, Ponteareas e Santiago de Compostela, onde se ordenou en 1951. Exerceu a docencia e en 1966 fundou en Santiago de Compostela o orfeón Terra a Nosa, do que foi director. Das súas composicións destacan numerosos vilancicos e a peza Misa gallega, para órgano e coro. Recibiu a Medalla de Galicia (1992) e foi nomeado fillo predilecto de Cartelle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, fillo de Lyonel Feininger. Trasladouse a Alemaña e estudiou arquitectura con Walter Gropius na Weimar Bauhaus (1922-1925). En 1932 exerceu como asistente de Le Corbusier en París. Despois dunha etapa como fotógrafo independente en Estocolmo, en 1939 trasladouse a Nova York e comezou a traballar na axencia Black Star e na revista Life. Dende 1942 foi correspondente de guerra e fotógrafo da oficina de información dos EE UU. Permaneceu en Life ata 1962, ano en que novamente desenvolveu o seu labor como fotógrafo independente. Expuxo a súa obra no Metropolitan Museum of Art de Nova York e na George Eastman House de Rochester. Escribiu The Face of New York (1954) e Die Welt neu gesehen (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Baía, Brasil, na beira dereita do río Jacuípe (450.487 h [1996]). Constitúe un importante nó de comunicacións, no que o comercio dos produtos agropecuarios, especialmente o gando, é a base da súa economía. Tamén é un destacado núcleo industrial centrado nos sectores da metalurxia, o papel e a alimentación. Tivo as súas orixes na construción dunha capela dedicada a Santa Ana no s XVIII, ao redor da que se construíron numerosas vivendas e rúas. En 1833 constituíuse como municipio, aínda que non foi ata 1873 que adquiriu a categoría de cidade co nome de Cidade Comercial de Feira de Santana. Do seu patrimonio cultural destacan o Centro Universitário de Cultura e Arte (CUCA) e as igrexas matriz e de Nossa Senhora dos Passos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que frecuenta as feiras para vender e comprar.

    2. Campesiño que vive de certas actividades desenvolvidas nas feiras e procura un importante beneficio económico así como o trato coa xente.

    3. Persoa que vai acotío á feira para pasar o día escoitando novidades e falar cos amigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monoterpeno monocíclico que existe en dúas formas opticamente activas. Está presente nos aceites esenciais do fiúncho, do eucalipto, do limón e da menta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca, Illes Balears, ao SL da illa, nos contrafortes occidentais das serras de Levante (14.123 h[1996]). A agricultura ocupa a maior parte do termo municipal, e dela destacan os cereais, as forraxes e a viña. Tamén conta cunha importante industria conserveira, vinícola e de embutidos. Recibiu a carta de poboamento de Xaime I de Mallorca en 1300 e en 1886 o título de cidade. Do seu patrimonio cultural destacan o convento de Saint Agustí (s XVII) e a igrexa parroquial de Saint Miquel (s XIV-XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico da arte e arquitecto francés. A súa obra máis representativa é Entretiens sur les vies et les ouvrages des plus excellents peintres anciens et modernes (Conversacións sobre as vidas e as obras dos máis excelentes pintores antigos e modernos, 1666-1688).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Bispo de Foligno, morreu durante a persecución de Decio. A súa festividade celébrase o 24 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir xunto co seu irmán Primo no s III en Roma. Na iconografía adoitan representarse xuntos con cravos ou feridas nas mans e cun león aos pés. A súa festividade celébrase o 9 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín Felicianus, cognome romano, xentilicio de Felix. A forma feminina correspondente é Fabricia. As variantes son Felicio/Felicia e os hipocorísticos Felo/Fela. Entre os santos que levaron este nome, un foi mártir co seu irmán Primo no s III en Roma. A súa festividade celébrase o 20 de outubro (bispo) e 9 de xuño (F. e Primo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s III) Escrava romana. Pariu en prisión e foi martirizada en Cartago xunto coa súa dona, santa Perpetura o 7 de marzo de 203, por orde do Emperador Severo. Colocáronas na praza cunha malla de xeito que un touro as corneou, aínda que non morreron. A Felicidade cortáronlle a cabeza cunha machada. A súa festividade celébrase o 7 de marzo (antes da reforma litúrxica o 6 de marzo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Veciño de Santiago de Compostela, realizou unha imaxe de san Cristovo co Neno en 1566. Pintou, entre outras obras, o coro da capela de San Roque de Santiago (1577) e a historia de san Eustaquio por encargo da confraría da Quinta Angustia para as festas da Resurrección de 1583.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Félix Antonio González González.

    VER O DETALLE DO TERMO