Feijoo Sotomayor, Urbano
Feijoo Sotomayor, Urbano
Empresario e político. Marchou para Cuba en 1844, onde posuía unha empresa azucreira familiar. Retornou en 1854 ao acadar representación como deputado pola provincia de Ourense. No Congreso defendeu o seu proxecto, que favorecía a inmigración de galegos en Cuba, da que pretendía o monopolio do goberno. No ano 1854 trasladou á illa a 1.742 persoas, a maioría galegos; malia todo, o seu proxecto fracasou debido á oposición dos encargados cubanos das estancias ao seu monopolio e ao mal trato recibido polos emigrados. Foi autor das obras Isla de Cuba (1852), sobre cuestións militares e económicas, e Inmigración de trabajadores españoles (1855).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense