"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Forma de música instrumental de carácter libre destinada aos instrumentos de teclado: órgano, clavecín, clavicordio e virxinal. Aparecida no s XVI, probablemente como preludio de órgano en ocasión dunha función litúrxica, nos ss XVIII e XIX acentuouse o seu carácter de virtuosismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (6.414 km2; 2.004.817 h [2000]). A súa capital é Utsunomiya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía (8.828 h [2001]). Situado á beira do Guadalquivir, destaca a extensión dos bosques de eucaliptos, así como os cultivos de remolacha azucreira, hortalizas e tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alga parda de ata 2,5 m de lonxitude, que está fixada ao substrato por uns pequenos rizoides. Cando seca, fórmanse sobre a súa superficie uns pos brancos de sabor doce. Atópase nos rochedos areosos, na zona meso e infralitoral da costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao membro que non está enteiro porque se lle amputou un anaco.

    2. Que ou quen ten un dedo ou outro membro mutilado.

    3. Parte que queda dun membro que se amputou.

    4. Parte dunha planta que queda a rentes da terra despois de ser cortada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica de diversos fenois naturais e de estruturas intimamente relacionadas (α-tocoferol, β-tocoferol ou γ-tocoferol, entre outros), que constitúen o complexo vitamínico E. Atópanse amplamente dispersos na natureza, principalmente nos aceites vexetais e no trigo. A súa falta ocasiona esterilidade en diversos roedores, pero non no home, en que pode provocar esgotamento muscular e nervioso, así como edema xeneralizado en todos os mamíferos. A súa función bioquímica é a de antioxidantes, e aplícanse como aditivos alimentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Temor esaxerado a sufrir nun parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición e estudo dos partos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Médico especialista en tocoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • obstetricia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Médico especialista en tocoxinecoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que comprende a tocoloxía e a xinecoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, pensador e escritor, señor de Tocqueville. Deputado (1839-1848) e ministro de Asuntos Estranxeiros (1848), foi un dos teóricos principais do liberalismo político. Defendeu a democracia como motor da nivelación social. Destacan as obras Du système pénitentiaire aux États Units et son application en France (1835-1840) e L’Ancien Régime et la Révolution (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos todas.

    2. Individuo do pobo toda.

    3. Pobo de orixe dravídico que habita na rexión montañosa do Nilgiri, ao S da India, no estado de Tamil-Nadū. O infanticidio de nenas levaron á práctica da poliandria e a diminución da poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Pamplona, filla de Aznar Sánchez de Larraun (neto do Rei García I) e de Ennega (filla de Fortún I), que pertence á dinastía Ennega. Casou con Sancho I, da dinastía Ximena, e desta maneira foron fusionadas ambas as dúas dinastías. Foi nai de García III, que sucedeu o seu pai sendo menor de idade. Aínda que a afectiva potestade rexia foi atribuída a Ximeno Garcés, tío de García III, converteuse na verdadeira rexente desde 926.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico escocés. Estudou nas universidades de Glasgow, Frankfort am Main e Oxford. As súas investigacións abarcan case todos os campos da bioquímica, estudou a composición química de determinados enzimas e vitaminas como a E ou a B12, e o seu maior logro foi o estudo e síntese dos nucleótidos, e sintetizou o ATP, FAD e o UTP. En 1957 recibiu o Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre os nucleótidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘todo’.

    VER O DETALLE DO TERMO